CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrecerá un concerto no Apóstolo co poliinstrumentista galego Abraham Cupeiro
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo. A praza da Quintana acollerá un concerto da RFG xunto ao poliinstrumentista galego Abraham Cupeiro, o vindeiro martes, 30 de xullo, ás 22:00 horas. O músico ofrecerá varias pezas integradas no seu disco Os sons esquecidos, gravado coa RFG en 2016 para o selo discográfico Warner Classics. Os convites para as cadeiras xa están esgotados. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Nenos e nenas volven á rúa este verán noutra edición do Territorio Xogantín
O Concello de Santiago pon en marcha un ano máis o programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín, que se desenvolverá durante as mañás dende este luns 29 de xullo ao 30 de agosto. A praza do 8 de Marzo será de novo o punto de encontro desta actividade, que promove o uso da lingua galega entre os/as máis novos/as vinculándoa ao espazo de xogo.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mércores en Terrassa (Barcelona).
FESTAS
Chico César e as Xornadas de Folclore Galego, propostas desta fin de semana no Apóstolo
Continúan as festas do Apóstolo, que esta fin de semana contan con propostas musicais como as de Chico César, Wöyza ou Trilitarte. Pero tamén haberá circo, desfiles de vehículos antigos e unha nova edición das Xornadas de Folclore Galego.
ALCALDÍA
Concello, Xunta e Adif avanzan nos proxectos da futura intermodal
Este venres reuniuse a Comisión Técnica sobre a intermodal no Pazo de Raxoi. O encontro estivo presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.