ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi o presidente de Castela–A Mancha, Emiliano García-Page
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o presidente de Castela – A Mancha, Emiliano García-Page, quen visitou Raxoi na compaña de parte do seu equipo. Tras unha xuntanza na Alcaldía, o rexedor compostelán acompañou o presidente autonómico nun percorrido polo Pazo de Raxoi.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS E ALCALDÍA
O Concello de Santiago ofrece un "Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios" ás empresas do sector
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, entregaron aos responsables das funerarias Apóstol Santiago, Casablanca e Albia o Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios. En vésperas de datas sinaladas de lembranza das persoas queridas falecidas, o Concello ofrece así ás empresas un incentivo para ofrecer os servizos funerarios en galego e para facilitar o uso correcto e normativo do idioma.
ALCALDÍA
O Goberno local quere tramitar en 2020 a construción dunhas 200 vivendas protexidas
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, demandoulle este martes á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, a colaboración da Xunta para "retomar a política de vivenda de protección oficial e de promoción pública" en Santiago de Compostela. Concello e Administración autonómica tamén cooperarán para desenvolver o solo industrial da Sionlla.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia acolle esta fin de semana o XIII Certame Galego de Bandas
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiu hoxe á presentación do XIII Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará o 2 e o 3 de novembro no Auditorio de Galicia. Na súa intervención, Rosón lembrou "aos miles de músicos que forman parte das bandas", unha riqueza, engadiu, para o noso país.
EDUCACIÓN
Convocada a sétima edición do programa pedagóxico "Aula de Patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a sétima edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, no marco do curso escolar 2019-2020, destinado a estudantes das 15 cidades membros da rede. A Concellaría de Educación de Santiago xa fixo chegar a convocatoria aos centros da cidade.
CONSORCIO
O laureado director ruso Michail Jurowski ponse esta semana á fronte da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro será hoxe mércores no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, no marco de colaboración entre a RFG, a Sociedade Filharmónica de Vigo e a Fundación Abanca. Mañá xoves, día 31, a orquestra tocará na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas.
CONSORCIO
Recupéranse dous textos de Antón Fraguas vencellados coa cidade de Santiago
O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia sacaron á luz Notas compostelás, de Antón Fraguas, en colaboración coa Fundación Antón Fraguas Fraguas. Trátase de dous textos do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, vencellados á cidade de Santiago e traducidos ao galego por Xesús Domínguez Dono.