MOCIDADE
Presentadas as nove actividades elixidas pola mocidade ao abeiro dos Orzamentos Participativos
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, deu conta hoxe do calendario de actividades que se desenvolverán durante o 2019 e que vén de ser aprobado pola Xunta de Goberno Local do pasado venres.
ESPAZOS CIDADÁNS
A protección da paisaxe, clave no Plan Especial Director do Camiño Francés remitido á Xunta para a súa avaliación ambiental
O Concello vén de remitir á Xunta de Galicia, para a súa avaliación ambiental, o Plan Especial Director do Camiño Francés, elaborado en colaboración co Consorcio de Santiago. O documento "supón un salto cara adiante na maneira de mirar o planeamento, centrándose na súa compoñente paisaxística que é unha parte fundamental do Camiño de Santiago e do seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade". Explicábao o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda...
ALCALDÍA
A banda californiana Eels actuará por primeira vez en Galicia o vindeiro 8 de setembro no Auditorio
Eels regresarán en vivo a España en 2019, e Santiago de Compostela será unha das dúas únicas cidades do Estado, xunto con Barcelona, nas que se poderá ver a banda californiana liderada polo excéntrico Mark Oliver Everett. A cita é o 8 de setembro no Auditorio de Galicia. As entradas para este concerto, que será o primeiro de Eels en Galicia, poranse á venda a partir das 10:00 horas do xoves 31 de xaneiro en Ataquilla.com, a un prezo de 24 € + gastos.