EMPREGO
O Concello dará a coñecer este luns o Plan Estratéxico Talentia 2019-2021
O Hostal dos Reis Católicos acolle o próximo luns un acto no que o Concello dará a coñecer, diante de responsables de empresas, xestores de Recursos Humanos, colexios profesionais, asociacións, entidades e expertos/as o novo Plan Estratéxico Talentia 2019-2021. Asistirán o alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e dous responsables das empresas Televés e Finsa. Estímase que participen arredor de 100 persoas.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de rexeneración da rúa de García Lorca
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto técnico da fase I da mellora das infraestruturas do barrio de Vite, que lle afecta á rúa de García Lorca. Na actuación investiranse case 600.000 euros e o prazo de execución será de tres meses.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa na Asemblea de Cidades Patrimonio celebrada no marco de Fitur 2019
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou esta mañá nos actos que o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade desenvolveu durante a xornada de hoxe no marco de Fitur 2019. A axenda comezou coa xuntanza da Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas e continuou coa renovación de varios convenios para a promoción das 15 cidades.
ESPAZOS CIDADÁNS
Avanzan os traballos de mellora dos Camiños de Santiago impulsados por Xunta e Concello
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, asistiu esta mañá a unha xuntanza presidida pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que se deu conta do avance dos traballos de mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago na súa entrada no termo municipal. Na xuntanza estiveron tamén o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e os voceiros dos grupos municipais.