TURISMO E PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio inician a súa promoción de 2019 na feira Vakantiebeurs de Utrecht (Holanda)
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España participan esta semana na feira de turismo Vakantiebeurs 2019, que se celebra na cidade holandesa de Utrecht do 9 ao 13 de xaneiro nas instalacións do recinto feiral Royal Dutch Jaarbeus. Neste evento, de grande importancia para o mercado holandés e principalmente destinado a público final, participan os principais destinos, empresas e profesionais do sector.
CONSORCIO
O Consorcio organiza visitas guiadas á cámara escura da Casa do Cabido este venres e durante a fin de semana
O Consorcio de Santiago vai celebrar esta fin de semana unhas xornadas de portas abertas para coñecer a cámara escura da Casa do Cabido, na praza das Praterías. É unha iniciativa dirixida a toda a cidadanía e visitantes, en particular aos máis pequenos e pequenas da casa. Un fotógrafo será o encargado de realizar estas visitas guiadas, que permitirán aos/ás asistentes achegarse á física e ao principio da fotografía.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concello e Deputación estudan vías de colaboración en materia de políticas sociais
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, reuniuse coa deputada provincial Ánxela Franco para analizar as diferentes liñas nas que se pode colaborar entre as dúas institucións nun futuro e así integralas dentro do Plan de Acción da Deputación.