TURISMO
Santiago acolle o 1º Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi o Primeiro Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia, que se celebrará no CGAC do 29 de outubro ao 3 de novembro. Na presentación participaron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e o coordinador e a directora de Comunicación de Kino Galicia, Miguel Moreda e Rosa Vázquez.
CENTROS CÍVICOS
Volven os "12 doces do outono" aos centros cívicos
A Rede de Centros Cívicos pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, o programa 12 doces do outono. Trátase dunha aposta pola programación familiar, que xunta os espectaculos de artes escénicas coa gastronomía propia da estación. Como ven sendo habitual, as actividades desenvolveranse os domingos, en horario de mañá e tarde.
ESPAZOS CIDADÁNS
Aprobadas as bases do Rexistro municipal de demandantes de vivenda en alugueiro
O Goberno local vén de aprobar as bases que regularán a incorporación ao Rexistro municipal de demandantes de vivenda en alugueiro, que despois nutrirá o programa Aviva de axudas para a mobilización de vivendas baleiras. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 30 de novembro.
CONSORCIO
Nenos e nenas de entre 5 e 14 anos xa poden inscribirse no curso de corda da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos e pequenas. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos e nenas, centrado nesta ocasión nas especialidades de violín e violoncello. As clases comezarán en novembro e prolongarase ata o mes de maio de 2019.