EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello edita unha guía didáctica que busca poñer en valor o patrimonio funerario de Compostela
O edil de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá unha nova guía didáctica dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Desta vez leva por título O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario e está coordinada pola profesora Carmen María Sánchez. Na rolda estiveron algúns dos autores e autoras da publicación.
ALCALDÍA
O alcalde recibe unha delegación de embaixadores e embaixadoras da UE
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores e embaixadoras da Unión Europea en España, que están de visita oficial en Galicia. A delegación estivo encabezada por Christian Ebner, embaixador de Austria, país que exerce a presidencia de turno do Consello da Unión Europea.
PLENO
A Corporación aproba o regulamento do Consello Municipal de Accesibilidade
O Pleno da Corporación aprobou hoxe o regulamento do Consello Municipal de Accesibilidade. Foi cos votos a favor de Compostela Aberta, PSOE e BNG, mentres que o PP optou pola abstención.
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase como destino turístico na feira turística máis importante de Asia
Turismo de Santiago participa entre o 17 e 19 de outubro na Feira ITB Asia, o maior encontro profesional de turismo de Asia e Pacífico, que se celebra en Singapur. Trátase da terceira edición consecutiva na que Turismo de Santiago participa na ITB Asia, logo que no 2016 se tomase a decisión de apostar pola participación neste evento como unha fórmula para posicionarse nos principais mercados asiáticos.
CENTROS CÍVICOS
As Xornadas Micolóxicas de Conxo chegan á súa X edición
O Centro Cívico de Conxo acolle os días 19 e 20 de outubro a décima edición das súas Xornadas Micolóxicas, organizadas en colaboración coa Asociación Micolóxico-Naturista Pan de Raposo. O obxectivo desta iniciativa é achegar a veciñanza ao mundo dos fungos, sobre o que en Galicia houbo tradicionalmente unha visión negativa.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Xornadas de portas abertas e charlas nutricionais nos comedores escolares
A Concellaría de Educación e Cidadanía informa da celebración de varias xornadas de portas abertas para as familias usuarias dos servizos de comedor e de madrugadores nos centros públicos de educación infantil e primaria. Tamén se programaron charlas nutricionais nos nove centros que teñen este servizo de comedor.