POLÍTICAS SOCIAIS
Contos e música nos centros socioculturais noutra edición do ciclo "Liñas Paralelas"
A concelleira de Políticas Sociais e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe Liñas Paralelas, un ciclo de cinco sesións de lectura de relatos breves acompañados por música en directo. As cinco entregas agrúpanse en dúas propostas: unha baixo o título "Asuntos de defuntos", os días 28 de outubro no CSC de Conxo, e 31 de outubro no CSC de Santa Marta e no CSC de Vite; e outra denominada "Contos na Trisca e centrada na arquitectura, con dúas sesións (24 de novembro e 1 de...
ESPAZOS CIDADÁNS
Xa está dispoñible na web municipal o Xeoportal do Concello de Santiago
Dende hoxe xa está dispoñible, a través da páxina web municipal, o novo Xeoportal do Concello de Santiago, unha ferramenta que fai accesible para toda a cidadanía a información xeográfica relativa ao municipio. O visor foi presentado polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, que estivo acompañado polo xefe da sección de Cartografía do Concello de Santiago, Rogelio Canedo.
ACCIÓN CULTURAL
As Xornadas de Ilustración Urbana achegan o debuxo a todos os públicos
Do 10 ao 11 de novembro, o Auditorio de Galicia acollerá a primeira edición das Xornadas de Ilustración Urbana, un ciclo de conferencias a cargo de artistas referenciais da ilustración actual que a Concellaría de Acción Cultural desenvolve en colaboración coa Deputación da Coruña.
ALCALDÍA
O Concello presenta as súas actividades de normalización lingüística aos centros de ensino de secundaria
O Departamento de Lingua do Concello de Santiago reuniuse cos directores dos centros de ensino secundario composteláns. O motivo foi a presentación dunha serie de actividades para fomentar o uso do galego en diferentes ámbitos, tanto no seu uso formal como informal. As propostas que deseñou o Concello van dende accións nas redes sociais a actividades como certames de regueifas e debates sobre a lingua.
ACCIÓN CULTURAL
A resistencia da mocidade de Gaza a través do surf, tema do documental protagonista dunha nova xornada de Amal
A Semana de Cine Euroárabe, Amal 2017 chega este mércores ao seu ecuador coa proxección dos filmes Gaza Surf Club e Alí, a cabra e Ibrahim no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O Concello lembra a José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde da democracia
O Concello de Santiago, en colaboración coa USC, lembrou hoxe a figura de José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde da cidade na democracia falecido no pasado mes de setembro. Foi nun acto celebrado no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, ao que asistiron os familiares do homenaxeado, algúns dos que foran os seus compañeiros na primeira Corporación democrática, ex alcaldes e ex concelleiros, representantes da Universidade de Santiago, e membros da actual Corporación municipal.