MEDIO AMBIENTE E BENESTAR ANIMAL
O Concello instala paneis con información ambiental nas Brañas de Sar
O Concello vén de instalar uns novos paneis informativos nas Brañas de Sar, para poñer en valor a riqueza deste espazo natural. Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Benestar Animal, Noa Morales, presentaron hoxe a cartelería, na que se explica a historia das Brañas, os seus usos tradicionais e cal é a súa flora e a súa fauna características.
DEPORTE
O polideportivo das Fontiñas acolle a Copa Galicia de Baloncesto Adaptado
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou hoxe, acompañada da secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García, as actividades que organiza o Concello co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora todos os 3 de decembro.
COMERCIO
Máis de 90 expositores ofrecen os seus produtos no Mercado de Nadal da Carreira do Conde
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou hoxe o Mercado de Nadal da Carreira do Conde, que abriu as súas portas o pasado 1 de decembro para acoller, ata o 5 de xaneiro, a 90 expositores dos sectores da alimentación, decoración para estas datas, regalos singulares e artesanía.
CONSORCIO
Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio, finalistas nos III Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia
Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora acaban de resultar finalistas nos III Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia. Premios Paraugas 2018. Trátase dunha iniciativa do Clúster da Comunicación Gráfica coa que se distinguen os traballos máis relevantes no marco da edición, a impresión, o deseño, a creatividade, o marketing, o marketing dixital e a comunicación.
CONVIVENCIA
O Servizo de Extinción de Incendios estrea uniformes
O Servizo de Extinción de Incendios vén de estrear unha nova uniformidade, despois de case unha década sen que se adquirira nova roupa para os bombeiros de Compostela. A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, nunha decisión consensuada cos propios traballadores do parque, aproveitou a necesidade de renovar os uniformes para mudar a súa imaxe, con novas cores e coa incorporación do logo do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Cinco entidades de Compostela celebran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta mañá ao acto "Baixo un mesmo paraugas", que organizaron cinco entidades de Compostela para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e varios membros da Corporación, entre eles os voceiros e voceira de PP, PSOE e BNG.
ACCIÓN CULTURAL
Músicos/as de bandas profesionais de toda España xúntanse nun concerto único
O Auditorio de Galicia acolle mañá martes o V Concerto "A Toda Banda", que unirá a noventa músicos de diferentes bandas profesionais de toda España nunha gran Banda Sinfónica que estará dirixida por Casiano Mouriño, Luis Cobos e Rafael Sanz-Espert. A actuación servirá para poñerlle o broche de ouro ao IV Congreso de AMProBand, que se celebra hoxe e mañá en Santiago.
TURISMO
Os dez finalistas de Santiago(é)tapas mediranse na gran final durante a vindeira fin de semana
A undécima edición do concurso Santiago(é)tapas xa ten dez tapas finalistas, escollidas polo xurado profesional entre as 101 propostas dos 68 locais participantes na primeira parte do concurso, que se desenvolveu do 15 de novembro ao 2 de decembro.
CONSORCIO
O Consorcio xa dispón do Plan Director do Pazo de Raxoi, que guiará a conservación, restauración e sostibilidade do edificio
O Consorcio de Santiago xa dispón do Plan Director do Pazo de Raxoi, cuxa redacción lle fora adxudicada á Unión Temporal de Empresas Ezcurra e Ouzande Arquitectura & Redondo, Valladares y Rodríguez Arquitectos.
CONVIVENCIA
As solicitudes das novas tarxetas de residentes de Pelamios-Vista Alegre, a partir do 10 de decembro
A Concellaría de Convivencia comunica que a partir do vindeiro luns, 10 de decembro, os veciños e veciñas das rúas Bispo Diego Peláez, Noia, Boiro, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, San Xoán e a praza de Álvaro Qunqueiro, poderán solicitar a tarxeta de residentes da zona 8 (Pelamios-Vista Alegre). Esta tarxeta permitiralles aparcar nas prazas que a tal fin se reservarán na rúa de Santa Comba e no lateral do parque de San Xoán dende as 21:00 ata as 9:00 horas, e nas rúas do Bispo Diego Peláez e de San...