TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en EEUU e Canadá de cara á recuperación do turismo
Turismo de Santiago participou onte nunha xornada de promoción da European Tourism Organizations Association dirixida específicamente a EEUU e Canadá, dous mercados cun alto gasto por turista e que estaban vivindo un crecemento moi importante na cidade nos últimos anos antes da crise do Covid-19.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio organizará dous foros internacionais sobre cultura, turismo e xestión do patrimonio
A Comisión de Patrimonio do Grupo, presidida polo alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, e na que participou a concelleira de Urbanismo de Santiago, Mercedes Rosón, impulsa a axenda de grandes eventos para 2021 cun foro de Cultura Segura na primavera en Alcalá de Henares e un cumio hispano-luso no outono en Mérida, así como cun conxunto de accións que reforzan a identidade corporativa común das 15 cidades españolas co selo Unesco.
SMARTIAGO
Hoy comienza el plazo para participar en el concurso de fotografía "Compostela, donde la luz es arte", enmarcado en el proyecto Cromalux de Smartiago
IGUALDADE
Preséntanse as actividades do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que terán continuidade ao longo do mes co programa Artellando Feminismo
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe as actividades previstas con motivo do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Comezarán co acto institucional, ás 10:30 h na Praza do Obradoiro, e seguirá ás 12:30 h no Pazo de Raxoi co fallo e entrega dos premios Xohana Torres, para continuar, nos días posteriores, con oito actividades en liña e presenciais que se desenvolverán a través do programa Artellando Feminismo.
ALCALDÍA
O alcalde asina na Deputación o convenio polo que a institución provincial achega un millón de euros ao Concello para axudas aos sectores afectados pola covid
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá na Coruña o convenio de colaboración en virtude do cal a Deputación sumará un millón de euros á terceira convocatoria de axudas do Plan de reactivación económica destinado polo Concello a paliar os efectos negativos que a pandemia está a provocar en determinados sectores. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, tamén asinou sendos convenios cos rexedores da Coruña e de Ferrol.
COMERCIO
O departamento de Comercio convoca o curso "A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica"
En atención ás dificultades inherentes á presentación electrónica de solicitudes para as recentes e próximas convocatorias de axudas municipais, e coa finalidade de achegar ao tecido empresarial compostelán recursos formativos para poder superar ditas dificultades, o Concello de Santiago, a través do seu departamento de comercio, convoca o curso "A Administración electrónica e a tramitación de axudas municipais en Sede electrónica". Impartirase de xeito online dende o 15 ao 18 deste mes e o prazo...
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Volven as actividades do programa Apego e os obradoiros de acollemento lingüístico
Neste mes de marzo comeza a primavera e as actividades do Espazo Apego volven para favorecer a crianza en galego. O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, deu conta das actividades do programa en rolda de prensa, así como da celebración dunha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico para persoas procedentes doutras comunidades.
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a oitava fase do despregamento de fibra óptica, que sae da cidade amurallada cara ao barrio de San Pedro
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a oitava fase do "Proxecto de infraestutura de telecomunicacións para o despregamento de Rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela. Fase 8", que conta cun orzamento de execución material de 22.885,81 euros. Nesta fase actuarase, por primeira vez, fóra da cidade amurallada, coa extensión do servizo cara ao barrio de San Pedro a través de Porta do...
EDUCACIÓN
O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o XIV Premio Internacional Compostela dotado con 9000 euros ao mellor álbum ilustrado
A Concellería de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 14 de maio de 2021 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño.
EDUCACIÓN
XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 14 de maio de 2021 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño.