ALCALDÍA
Versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza inauguran en Fonseca o "Xardín das Pedras que Falan"
O xardín de Fonseca é, dende hoxe, o "Xardín das Pedras que Falan", un proxecto impulsado polo escritor Suso de Toro que se converte en realidade da man do Concello e da Universidade de Santiago. A gran espiral de pedras que lle renderá homenaxe ao feito literario comezou con tres pezas que levan gravados os versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza.
ALCALDÍA
Recepción ás persoas participantes no V Congreso Internacional de Medio Ambiente e Saúde na Era do Desenvolvemento Sostible
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi as persoas participantes no V Congreso Internacional de Medio Ambiente e Saúde na Era do Desenvolvemento Sostible, que se celebra do 14 ao 16 de maio no Hostal dos Reis Católicos.
FESTAS
A Banda Municipal de Música, a Festa no Teatro e a Banda da Loba despiden a Ascensión este domingo
Logo dun intenso sábado con múltiples actividades para todos os públicos, as festas da Ascensión 2018 chegan ao seu fin. Fano ao compás dunha nova xeira de sesións de microteatro para público infantil e familiar, do concerto da Banda Municipal de Música de Santiago na rúa do Vilar e da clausura do escenario Compostela é!Música coa Banda da Loba na praza do Toural.
XUNTA DE GOBERNO
A Corporación debaterá este martes a aprobación do convenio coa Xunta e ADIF para a execución da pasarela da intermodal
O Pleno da Corporación celebrará o martes unha sesión extraordinaria na que se debaterá a aprobación do convenio entre a Xunta e ADIF para a execución da plataforma peonil da futura estación intermodal. Na mesma sesión deberá aprobarse a rectificación do anexo de investimentos plurianuais dos orzamentos de 2018, que incluía un erro na partida prevista para esta obra no ano 2019.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil do 14 ao 18 de maio
Durante a vindeira semana, do 14 ao 18 de maio, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
FESTAS
A festa infantil no Teatro Principal, a dos maiores en Amio e os concertos da Quintana e do Toural, no sábado da Ascensión
Doce pezas de microteatro e tres concertos encherán de fantasía, música e risos os distintos espazos do Teatro Principal esta fin de semana, nunha programación para público infantil e familiar que converte á rapazada en protagonista das festas da Ascensión.
ALCALDÍA
O parque de Fonseca converterase no "Xardín das pedras que falan" grazas á colaboración entre o Concello e a USC
O xardín de Fonseca converterase no "Xardín das pedras que falan" grazas á colaboración entre o Concello e a USC, que fará realidade un proxecto concibido polo escritor Suso de Toro. Trátase de crear unha espiral con diferentes pedras, nas que irán gravadas liñas ou versos inéditos asinados por escritores e escritoras de diferentes países e diferentes linguas. O proxecto botará a andar o próximo luns, coa instalación das tres primeiras pedras. Nelas leranse palabras de Rosalía de...
MOCIDADE
Moisés Mato presenta o seu monólogo "Imposible matar la belleza" no Centro Xove
Imposible matar la belleza é un dos espectáculos en xira de Teatro del Abrazo. Un texto sobrecolledor escrito e interpretado por Moisés Mato. Este actor e director de teatro de orixe galego, que habitualmente vive en Madrid, presentará este monólogo o 16 de maio ás 21:30 horas, no Centro Xove da Almáciga.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada unha instrución interpretativa sobre os requisitos para a implantación de vivendas de uso turístico
A Xunta de Goberno aprobou hoxe unha instrución sobre o tipo de uso e os requisitos para a implantación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico no termo municipal de Santiago. O obxectivo é aclarar as posibles dúbidas que xorden á hora de interpretar as normativas ao respecto que teñen vixentes por un lado o Concello e polo outro a Xunta de Galicia, no exercicio das súas respectivas competencias.
FESTAS
Compostela viviu o día grande da Ascensión
A XVII edición da Feira Cabalar en Amio, a comparsa de cabezudos, a sesión vermú de Cachas & Cousins na praza de Cervantes, as actuacións de Folk na Rúa na zona vella, os concertos de OqueStrada e Caxade na praza da Quintana, a verbena da Orquestra Passarela na Alameda e a actuación de Susana Martínez no escenario Compostela é! Música do Toural marcaron o itinerario festivo deste xoves, día grande das festas da Ascensión.