TURISMO
Turismo de Santiago e Lufthansa presentan en Fitur as novas conexións con Frankfurt e Múnich
A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, e o responsable de Lufthansa para España e Portugal, Carsten Hoffmann, presentaron as novas conexións da compañía xermana en Santiago, que dende finais de marzo unirán a capital de Galicia tres veces por semana co seu hub internacional de Frankfurt e unha vez por semana co de Múnich.
POLÍTICAS SOCIAIS
"V15iones" achéganos 15 fotografías con historias de superación persoal
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, acudiu esta mañá á inauguración ante os medios da exposición V15iones, historias de superación persoal, que organiza a Fundación Sifu.
MOBILIDADE
O Pleno da Corporación aprobará este xoves o Pacto Local pola Mobilidade
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou hoxe que os catro grupos da Corporación acordaron unha declaración institucional que servirá para aprobar no pleno de mañá o Pacto Local pola Mobilidade. Jorge Duarte explicou que o documento "pretende ser unha guía para todas as accións que acometa o Concello nas actuacións relacionadas coa mobilidade, as novas liñas de transporte público, a regulación do aparcamento, ou obras de reurbanización".
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello activa un protocolo para a atención das persoas sen fogar durante a onda de frío
O Concello de Santiago vén de poñer en marcha un protocolo específico para combater o frío que as previsións meteorolóxicas apuntan para as vindeiras xornadas.
ESPAZOS CIDADÁNS
Jorge Duarte reúnese coa veciñanza de Vista Alegre para explicar o estado das obras do barrio
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade reunirase esta tarde coa veciñanza de Vista Alegre para dar conta da situación na que se atopan as obras que se están executando no barrio. A xuntanza será no local social, a partir das 20:00 horas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica a redacción do Plan Director do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a redacción do Plan Director do Pazo de Raxoi á Unión Temporal de Empresas Ezcurra e Ouzande Arquitectura & Redondo, Valladares y Rodríguez Arquitectos, por un importe global de 102.124 euros.
TURISMO
Os concellos nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla ultiman os detalles desta Festa de Interese Turístico
O Entroido dos Xenerais da Ulla celebraranse este ano nunha trintena de lugares e parroquias da Comarca do Ulla entre o 11 de febreiro e o 5 de marzo. Para concretar os detalles desta celebración, este mércores celebrouse unha xuntanza na que participaron os alcaldes de Boqueixón, Silleda, Touro e Vila de Cruces, a concelleira de Medio Rural da Estrada, o concelleiro de Medio Rural de Santiago, as concelleiras de Cultura e de Turismo de Teo, o concelleiro de Turismo de Vedra e a concelleira de Presidencia de Vila de Cruces, ademais do equipo técnico destes oito...
MEDIO AMBIENTE
Unha mostra na Alameda convida a reflexionar sobre o uso responsable da auga
¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade é o título dunha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso. Promovida pola Obra Social "la Caixa" e Viaqua, coa colaboración do Concello de Santiago, a exposición estará na Alameda ata o 22 de febreiro.
ACCIÓN CULTURAL
Os conflitos dos galegos en Londres toman o bus urbano de Compostela para presentar "Get Back"
Federico Pérez, Miguel Guido e Mercedes Castro interpretaron na Liña 1 un anaquiño de Get Back, a comedia escrita por Diego Ameixeiras e dirixida por Jorge Coira que representarán, xunto con Alfonso Agra e Tamara Canosa, este xoves, venres e sábado no Teatro Principal.
CONSORCIO
O violista francés de orixe grega Tasso Adamopoulos formará a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do aclamado violista francés de orixe grega Tasso Adamopoulos, que tocará coa Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Vigo. Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir...