IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido esta fin de semana en Córdoba.
MEDIO AMBIENTE
Expertos e expertas de dez países participarán esta semana en Santiago no IV Seminario Resclima
O Auditorio de Galicia acollerá os días 26 e 27 de outubro o IV Seminario Internacional Resclima e o II Encontro da REAJA. Trátase dun foro organizado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago e pola Rede Internacional de Pesquisadores em Educaçao Ambiental e Justiça Climática (REAJA), que conta coa colaboración do Concello de Santiago.
CONVIVENCIA
A Policía Local de Santiago detén a catro persoas por un presunto delito de falsificación de billetes
Este domingo 21 de outubro, en torno ás 7:00 horas, efectivos da Policía Local procederon á detención de catro persoas (tres homes e unha muller) pola súa implicación nun presunto delito de falsificación de moeda e efectos timbrados, durante unha intervención realizada nun establecemento de ocio da cidade.
CONVIVENCIA
Protección Civil de Santiago participa no I Encontro de Bicicletas Sanitarizadas
A agrupación de Protección Civil en Santiago participou na fin de semana en Madrid no I Encontro de Bicicletas Sanitarizadas, organizado por SAMUR-PC. O obxectivo do foro era mostrar o traballo que realizan estas unidades, que no caso de Compostela teñen unha especial relevancia na atención aos peregrinos e peregrinas.
XUNTA DE GOBERNO
Publicada a convocatoria de subvencións para as actuacións nas Áreas de Rehabilitación Integral
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de subvencións para a rehabilitación nas ARIS de Vite, Vista Alegre, Cidade Histórica e dos grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga, da Pontepedriña. As axudas están dirixidas a comunidades de propietarios que realicen, preferentemente, obras de mellora de accesiblidade e e eficiencia enerxética. O prazo para solicitar as axudas é dun mes, e a data máxima de xustificación da subvención rematará o 31 de outubro de 2019.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia inaugura no Auditorio Nacional de Madrid o XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música
A Real Filharmonía de Galicia inaugurará o vindeiro venres, 26 de outubro, a tempada 2018-2019 do XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música, promovido polo Centro Superior de Investigación e Promoción da Música da Universidade Autónoma de Madrid. Será no Auditorio Nacional de Madrid, ás 19:30 horas.
COMERCIO
Aberto ata o 5 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal
O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 1 de decembro ata o 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 19:00 horas do día 5 de novembro.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello recibirá unha subvención de 290.000 euros para un novo obradoiro de emprego
A Xunta de Goberno acordou hoxe aceptar unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a posta en marcha do Obradoiro de Emprego "Creas". A axuda será de 288.807 euros, e o Concello cofinanciará o programa cunha achega de 60.000 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello edita unha guía didáctica que busca poñer en valor o patrimonio funerario de Compostela
O edil de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá unha nova guía didáctica dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Desta vez leva por título O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario e está coordinada pola profesora Carmen María Sánchez. Na rolda estiveron algúns dos autores e autoras da publicación.
ALCALDÍA
O alcalde recibe unha delegación de embaixadores e embaixadoras da UE
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores e embaixadoras da Unión Europea en España, que están de visita oficial en Galicia. A delegación estivo encabezada por Christian Ebner, embaixador de Austria, país que exerce a presidencia de turno do Consello da Unión Europea.