ALCALDÍA
Alba de Compostela, o acto institucional do Concello do 25 de xullo, renderá homenaxe a persoas ou institucións que constrúen cidade todo o ano
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou en rolda de prensa información sobre o acto institucional municipal previsto para o vindeiro 25 de xullo, que levará por nome ‘Alba de Compostela’ en homenaxe ao afamado discurso de Castelao ‘Alba de Gloria’. Será un acto "no que o concello sexa o protagonista" e que se celebrará nun horario en que non colida co resto de actos do día grande de Santiago e de Galicia.
DEPORTES
Aberto ata o 11 de xullo o prazo de solicitude de utilización das instalacións deportivas municipais
As entidades interesadas en presentarse á convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas durante a tempada 2023/24, poderán facelo ata o vindeiro martes 11 de xullo. A presentación de solicitudes para actividades extraescolares vinculadas aos centros de ensino estará aberta ata o 15 de setembro.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio e Fundación ONCE, unidas pola accesibilidade universal
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Fundación ONCE renovaron o seu compromiso pola mellora da accesibilidade universal e, con iso, da normalización e plena participación das persoas con discapacidade na comunidade.
FESTAS
Leilía serán as pregoeiras das Festas do Apóstolo 2023 que arrancarán o vindeiro 20 de xullo
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada pola pandeireteira Montse Rivera e o técnico do Concello, Suso Amado, presentou esta mañá o programa deste ano das Festas do Apóstolo que arrancarán o vindeiro xoves 20 de xullo cun pregón a cargo do mítico grupo Leilía. The Original Wailers, Sarah Mccoy, Angel Stanich, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ou Cimafunk, son algúns dos artistas que encherán de boa música as prazas da cidade, nunhas Festas nas que non faltará tampouco o folclore,...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o pasado 1 de xullo en Navarra e o 3 de xullo en Salou (Tarragona), vítimas de violencia machista.
CONSORCIO
A exposición 'Mirar a cidade' do fotógrafo Fuco Reyes estará aberta na Casa do Cabido ata o vindeiro 16 de xullo
A presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, e membros da Corporación Municipal visitaron este martes na Casa do Cabido a exposición 'Mirar a cidade. Unha visión poliédrica' que amosa instantáneas tomadas polo fotógrafo santiagués Fuco Reyes e que acolle desde mediados do mes de maio a sala de exposicións da praza de Praterías.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en L'Hospitalet (Barcelona) e en Móstoles (Madrid), vítimas de violencia machista.
TURISMO
Turismo de Santiago participa nunhas xornadas con máis de 60 profesionais do mercado chinés
O gasto medio dos turistas chineses en España antes da pandemia era superior aos 300 euros ao día.
CAPITAL CULTURAL
O Teatro Principal acolle esta fin de semana a estrea de "O auto do Castromil"
A compañía Excéntricas estreará este venres, 7 de xullo, o seu último traballo "O auto do Castromil" no Teatro Principal de Compostela. Esta obra, gañadora do III concurso de proxectos da Fundación Manuel María, está dirixida por Quico Cadaval, e protagonizada por un elenco de catro intérpretes formado por: Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asistiu esta mañá á presentación do...
CAPITAL CULTURAL
A tradición oral lusa protagoniza o arranque do Festival Atlántica este luns 3 de xullo en Santiago
O portugués Luis Correia Carmelo e a galega Raquel Queizás ‘tomarán’ o CSC Maruxa e Coralia con tres espectáculos no día de hoxe. Atlántica vai estar presente en 24 concellos ata o vindeiro 9 de xullo.