CENTROS CÍVICOS
Os centros cívicos celebran o Día Internacional do Libro
As aulas de lectura dos centros cívicos da cidade súmanse á conmemoración do Día Internacional do Libro (23 de abril) con varias actividades de animación á lectura. Así, as instalacións de Vite, A Trisca, O Castiñeiriño, Santa Marta, Conxo e As Fontiñas contarán con obradoiros, xogos e ata un concurso de haikus.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cunha representación do persoal do aeroporto, que demanda a AENA o mantemento do servizo de cantina
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro Rafael Peña, reuníronse esta mañá cunha representación do persoal do aeroporto Rosalía de Castro que, durante as últimas semanas, veñen amosando a súa preocupación polo servizo de cantina do aeroporto, que sairá a licitación de maneira independente das tres cafeterías de uso público.
XUNTA DE GOBERNO
A zona vella contará cun novo centro cívico na Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega, cedida pola USC
A veciñanza da cidade histórica terá ao seu dispor un novo centro cívico nas Casas Reais, na Casa de Elisa e Jimena Fernández de la Vega, antes de que remate este ano. Será nun inmoble propiedade da Universidade de Santiago, que lle cederá o seu uso ao Concello en compensación polo atraso no traslado da Facultade de Odontoloxía, que ocupa un inmoble de titularidade municipal. A Xunta de Goberno aprobou hoxe o texto do convenio que contempla esta operación.
ALCALDÍA
Dezaseis restaurantes de Compostela prepararán pratos de cabra ao abeiro da Festa do Banquete
A nave 5 da praza de Abastos acolleu esta mañá a primeira xornada gastronómica de degustación de cabra das tres que se van celebrar na nosa cidade ao abeiro da Festa do Banquete. A iniciativa, posta en marcha polo Concello e a Asociación Hostalería Compostela, foi presentada esta mañá polo alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación, Sara Santos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Continúan as actividades do Programa de Conciliación de Semana Santa
O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP Monte dos Postes seguen acollendo as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa, no que participan case 80 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local abre un expediente á empresa encargada da xestión dos centros cívicos
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar un expediente a Ferrovial, a empresa adxudicataria do servizo de dinamización e mediación sociocultural da Rede de Centros Cívicos, polo incumprimento reiterado das condicións establecidas no seu contrato. O alcalde, Martiño Noriega, deu conta da decisión "que responde ás deficiencias que se veñen observando no funcionamento do servizo e que se poden considerar infraccións moi graves".
OBRAS
O luns empeza a funcionar o ascensor de Triacastela
Despois duns días de probas, o próximo luns empezará a funcionar o ascensor de Triacastela, que conecta os barrios de Fontiñas e Triacastela. A súa instalación supuxo un investimento de 355.000 euros.
SAÚDE
A campaña "Camiñar é saúde" promoverá os roteiros verdes de Compostela para mellorar a nosa calidade de vida
Esta mañá, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentaron en rolda de prensa Camiñar é saúde, unha campaña para promover entre a cidadanía compostelá a saúde e a calidade de vida a través da práctica de actividade física moderada, ao tempo que descubrimos todas as posibilidades que ofrecen os camiños verdes que percorren os parques da cidade.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia rende homenaxe ao compositor galego Andrés Gaos no 60º aniversario do seu falecemento
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este mércores, 17 de abril, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre valenciano Rubén Gimeno, que substitúe ao director titular e artístico da RFG, Paul Daniel, que tivo que cancelar a súa participación neste concerto por enfermidade.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello volve sumarse ao programa "Vacacións con Traballo", do Fondo Galego de Cooperación
Vacacións con Traballo é un programa de cooperación técnica e sensibilización posto en marcha cada ano polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que está dirixido ao persoal técnico dos concellos e deputacións que son socias da entidade. Pártese da base de que a forma de traballo das administracións locais é unha das ferramentas máis potentes e específicas do municipalismo que coopera.