FESTAS
O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 13 horas de música tradicional da man de 200 artistas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou en rolda de prensa o Compostela Trad Fest, promovido por La Voz de Galicia, que se celebrará o venres 26 de xullo en varios espazos da cidade. A xornada, que incluirá obradoiros, concertos ou bailes, entre outras actividades, pecharase cun gran concerto na praza da Quintana que reunirá a Banda de Música de Silleda, Banda de Gaitas de Forcarei, Bouba, Abraham Cupeiro, Suso Vaamonde, Josele, Davide Salvado, Begoña Lorenzo ou Pablo Seoane, entre outros.
IGUALDADE
A concelleira de Igualdade visita os/as participantes no programa "Verán CampUSC"
A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, visitou hoxe os/as menores que están participando na cuarta quenda do programa Verán CampUSC 2019, acompañada de Mar Lorenzo, vicerreitora de Cultura, Comunicación e Servizos da Universidade de Santiago; e do xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida. Verán CampUSC está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer. Desenvólvese na época estival, co obxectivo de permitir ás nais e pais que traballan durante ese.../em>
FESTAS
O espectáculo dos Fogos do Apóstolo lembrará as grandes mulleres da historia de Compostela
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou os Fogos do Apóstolo 2019, que se celebrarán na noite do 24 de xullo a partir das 23:00 horas. O espectáculo volverá a xuntar as proxeccións, a pirotécnica e a música para facer un repaso por algúns episodios significativos da historia da cidade e para recordar, este ano, algunhas das mulleres máis representativas de Compostela.
FESTAS
La Casa Azul e The Tune, propostas musicais deste martes no Apóstolo
A programación deste martes nas festas do Apóstolo ten como protagonistas musicais a La Casa Azul e The Tune. Ademais, haberá sesión de contos para os/as máis pequenos/as e unha nova visita guiada da man de Castelao.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde demanda unha maior achega autonómica pola capitalidade para vindeiros exercicios
Na Xunta de Goberno Local celebrada este luns deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se aprobaron os pagos pendentes á empresa TRALUSA pola prestación do servizo de transporte de viaxeiros no primeiro semestre do ano.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta pola colaboración entre administracións para dotar á cidade histórica da conectividade necesaria
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura da xornada "A conectividade nos cascos históricos", organizada pola Xunta de Galicia; xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e a directora de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Mar Pereira. Sánchez Bugallo, sinalou que unha cidade histórica, para ser competitiva e para evitar que se deshabite, ten que ser capaz de ofrecer aos seus residentes "unha calidade de vida e servizos semellantes aos...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este domingo en Vilalba (Lugo).
FESTAS
O funk de The Main Squeeze e os boleros de Jamila Purofilin e Rey Montesinos, propostas para este luns no Apóstolo
A cuarta xornada das festas do Apóstolo, este luns 22 de xullo, trae dúas propostas musicais ben diferenciadas: o funk da banda norteamericana The Main Squeeze e os boleros de Jamila Purofilin, acompañada á guitarra polo mestre Rey Montesinos.
FESTAS
Luís Zahera animou ás compostelás e composteláns a gozar das festas do Apóstolo
Luís Zahera abriu co seu pregón as festas do Apóstolo 2019. O actor compostelán repasou a súa vida en Compostela, dende a súa infancia, e como a cidade foi cambiando. Ademais, repasou a súa vida como actor, agora recoñecida cun Goya polo seu papel de reparto en El Reino.
FESTAS
Luís Zahera, do balcón de "El Reino" ao balcón de Raxoi
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños recibiron hoxe o pregoeiro do Apóstolo 2019, o actor Luís Zahera, horas antes de que este se dirixa ás compostelás e composteláns dende os balcóns de Raxoi para abrir as festas.