POLÍTICAS LINGUíSTICAS
O Concello e a Cámara de Comercio convocan a XXI edición dos premios Manuel Beiras
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan a XXI edición dos premios Manuel Beiras, nacidos no ano 2000 e dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación. Hoxe, o concelleiro de Educación, Rubén Prol; e Xabier Freire, membro da Cámara, presentaron as bases da nova convocatoria.
ACCIÓN CULTURAL
O sábado 21 de novembro a ilustración toma a rúa do Vilar de Santiago de Compostela
A iniciativa denominada MiiC na Rúa é unha actividade impulsada polo Concello de Santiago de Compostela dentro do marco da III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que ten lugar na Sede Afundación, sita no número 19 da rúa do Vilar. Foi presentada esta mañá en rolda pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e pola comisaria da mostra, Matilde Rodríguez.
EMPREGO
Talentia Summit ‘20 bate récords de reservas nos primeiros días de inscricións
A web talentiasummit.com rexistrou máis de 150.000 visitas na última semana. Nos cinco primeiros días completouse a inscrición no 87% das actividades formativas, cun total de máis de 4.000 reservas para participar nas diferentes actividades.
SMARTIAGO
El Ayuntamiento presenta al Ministerio de Ciencia e Innovación los avances registrados en el proyecto Smartiago en el último año
El Ayuntamiento de Santiago de Compostela y el Ministerio de Ciencia e Innovación mantuvieron, por videoconferencia, la Comisión de Seguimiento anual del proyecto Smartiago, en la que el gobierno municipal recibió las felicitaciones del ejecutivo central por los importantes avances registrados durante el último año en el desarrollo del proyecto.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a apertura do novo procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, cun tipo de licitación de 9.240.000 euros
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, acordou a aprobación da nova apertura do procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, o SAF, así como a publicación dun novo anuncio de licitación con apertura dun novo prazo de presentación de proposicións. O novo prego establece un tipo de licitación de 9.240.144,22 euros, IVE engadido.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago participa nun webinario con rexedores de distintos continentes sobre as necesidades das cidades na era post-covid
Alcaldes e alcaldesas de países de todo o mundo reuniranse a partir das 15.00 horas, por vía telemática, para participar no webinar "Rethinking the city: how mayors respond to the needs of a post-COVID city", organizado polo Global Parliament of Mayors, no que se abordará a xestión dos ámbitos cultural, educativo e de gobernanza.
SMARTIAGO
El Ayuntamiento presenta al Ministerio de Ciencia e Innovación los avances registrados en el proyecto Smartiago en el último año
El Ayuntamiento de Santiago de Compostela y el Ministerio de Ciencia e Innovación mantuvieron, por videoconferencia, la Comisión de Seguimiento anual del proyecto Smartiago, en la que el gobierno municipal recibió las felicitaciones del ejecutivo central por los importantes avances registrados durante el último año en el desarrollo del proyecto.
PATRIMONIO
O Ministerio de Cultura convida o Grupo de Cidades Patrimonio a que comparta a súa experiencia na xestión do patrimonio e o turismo durante a pandemia como exemplo de traballo en rede
Representantes das 15 cidades participaron onte no XIV Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial, impulsado desde o Ministerio de Cultura, onde explicaron as novas iniciativas que se puxeron en marcha durante a pandemia para conservación do Patrimonio Mundial e a reactivación do turismo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Sánchez Bugallo reivindica a aposta de Santiago pola innovación e as novas tecnoloxías, dous elementos clave que definirán o futuro despois da crise sanitaria
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, participou, vía telemática, na mesa inaugural das xornadas de industria de Maker Faire Galicia. O rexedor sinalou que o talento, a innovación, a economía circular, o medio ambiente e a dixitalización, son "elementos claves que van definir o futuro", e que marcarán o avance económico e tecnolóxico despois da crise sanitaria.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os directores dos dous proxectos de investigación de Santiago premiados coas bolsas Synergy da Unión Europea
Xosé Sánchez Bugallo recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Felipe Criado-Boado e a Diego Peña, investigadores do CSIC e da USC, respectivamente, cuxos proxectos de investigación acaban de ser seleccionados polo Consello Europeo da Investigación (ERC, nas súas siglas en inglés) para as bolsas Synergy. Na recepción tamén participou a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.