LINGUA
O concurso Yotubeir@s, quere encher a Rede de vídeos en galego
O concelleiro Jorge Duarte sumouse a representantes doutros dez concellos e das tres universidades galegas na presentación do concurso de vídeo Youtubeir@s, que nace co obxectivo de potenciar a presenza do galego na Rede. O certame atende ás novas tendencias sociais na comunicación actual e, sobre todo, ao papel activo dos e das youtubers.
FACENDA
O Pleno debaterá unha modificación de crédito para pagar sentenzas de mandatos anteriores
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, comunicou hoxe que mañá mércores haberá un Pleno extraordinario e urxente no que se debaterá un expediente de modificación de crédito para o pago de sentenzas de mandatos anteriores.
CONSORCIO
O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquestra Sinfónica de RTVE, impartirá clases a intérpretes noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Esta semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos/as ao centro.
ALCALDÍA
Inaugurada a exposición sobre o Mestre Mateo no Museo do Prado
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu este luns no Museo do Prado á inauguración da exposición sobre o Mestre Mateo organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Turismo de Galicia, a Deputación da Coruña, e o Consorcio de Santiago. É a primeira vez que o museo madrileño lle dedica unha exposición a un autor galego.
ALCALDÍA
O alcalde recibe o presidente de Uruguai, Tabaré Vázquez
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, recibiu o presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez, no Pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Paraguai, Antonio Rivas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o embaixador de Paraguai, Antonio Rivas Palacios, quen asinou no Libro de Honra da cidade.
ESPAZOS CIDADÁNS
Suspendida a concesión de licenzas para novos establecementos hoteleiros na zona vella por un máximo de dous anos
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade compareceu hoxe en rolda de prensa para explicar a modificación puntual do Plan Especial da Cidade Histórica que foi aprobada inicialmente na Xunta de Goberno do pasado venres. Jorge Duarte explicou que o obxectivo último do cambio é "frear a proliferación de establecementos de hotelería, nas súas diferentes tipoloxías, e fomentar o uso residencial da zona vella de Compostela".
TURISMO
Compostela promociónase como destino de congresos na IBTM World
Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de congresos, xornadas e incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa na IBTM World, a feira máis importante do sector congresual no mercado español, que se celebra en Barcelona entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
CONSORCIO
Un violín de 1736 soará nos concertos desta semana da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o mércores 30 en Vigo, no Teatro Afundación, ás 20:30 horas. E, ao día seguinte, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco das Xornadas de Música Contemporánea, como concerto de clausura das mesmas. En ambas as actuacións levará a batuta o director cántabro Jaime Martín.
IGUALDADE
Continúan os obradoiros "Recicla o xénero" no IES Antón Fraguas
O IES Antón Fraguas acolleu esta mañá unha nova sesión do obradoiro organizado polo Departamento de Igualdade e que leva por nome Recicla o xénero. O alumnado destinatario foron dous grupos de 1º de bacharelato que xa participaran no 2015 dun obradoiro semellante.