ALCALDÍA
O edil Xan Duro demostra non terse autoanulado unha multa e que "esa sanción nunca existiu"
O concelleiro de Convivencia, Medio Ambiente e Informática, Xan Duro, desmentiu hoxe terse autoanulado unha sanción de tráfico e aclarou que esa suposta sanción nunca lle foi imposta. O edil compareceu en rolda de prensa acompañado polo alcalde, Martiño Noriega, e pola responsable en Galicia de SCI, a empresa que xestiona as multas de tráfico, Natalia Zunzunegui.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Orihuela (Alicante).
ALCALDÍA E OBRAS
As obras da avenida de Vilagarcía superan o seu ecuador e estarán rematadas antes de que acabe o ano
O alcalde visitou esta mañá a avenida de Vilagarcía, para comprobar como se están a desenvolver as obras de reurbanización da rúa. Martiño Noriega estivo acompañado polo concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, e polo presidente da asociación de veciños Raigame, Xosé Manuel Durán.
EMPREGO
O Concello recibe unha subvención de máis de 150.000 euros para a posta en marcha dun novo obradoiro de emprego
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de notificarlle ao Concello de Santiago a concesión dunha subvención de máis de 150.000 euros para a posta en marcha dun novo obradoiro de emprego. Desta vez, o proxecto levarase a cabo en colaboración co Concello de Teo e permitirá desenvolver cadansúa actuación nos dous municipios: a rehabilitación da vella escola unitaria de Amio en Compostela e a creación do servizo multimedia de información municipal e participación...
OBRAS
Iniciadas as obras de mellora nas rúas Cancelas e Bispo Diego Peláez
Esta mañá comezaron as obras de reurbanización da rúa das Cancelas, nas que se van investir 130.000 euros, e os traballos de mellora da accesibilidade da rúa do Bispo Diego Peláez, cun orzamento de 170.000 euros. A primeira actuación ten un prazo de execución de 45 días, mentres que a segunda completarase en cinco meses.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Barcelona, acontecido este xoves.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local duplica o orzamento anual para as rozas de fincas e viarios
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar a licitación do novo contrato para a roza, limpeza e mantemento dos viarios e parcelas municipais. Será unha adxudicación por dous anos, cun orzamento total de case 800.000 euros. Deste xeito, duplícase a asignación que viña sendo habitual para estes traballos.
XUNTA DE GOBERNO
Resolta a convocatoria de residencias para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a resolución da convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán. Ata o mes de marzo, serán catro as compañías que utilicen ese espazo do centro cívico de Santa Marta.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O Concello pon en marcha novas medidas para o calmado do tráfico no ámbito do Ensanche
Nos próximos días quedará instalada unha nova sinalización horizontal e vertical no Ensanche, que advertirá que a velocidade máxima permitida no ámbito é de 30 quilómetros/hora e que indicará que as bicicletas teñen prioridade de uso dos carrís. Trátase de medidas que procuran "un maior calmado de tráfico, ao tempo que pretenden favorecer a mobilidade ciclista polo centro da cidade".
DEPORTE
Xa se coñecen os horarios da Supercopa Endesa 2018
Xa se coñecen os horarios da Supercopa Endesa da ACB, que se disputará no Multiúsos Fontes do Sar os días 21 e 22 de setembro. O 12 de setembro celebrarase o sorteo dos emparellamentos no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.