MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O 15 de xaneiro ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio
10/01/2024
Leer más
A Concellería de Mobilidade lembra que dende o luns, 15 de xaneiro, e ata o 16 de febreiro, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento para todos os residentes que xa posúan unha.
COMERCIO
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto "12 comercios, 12 sensibilidades"
10/01/2024
Leer más
Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome "12 Comercios, 12 Sensibilidades", a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude