POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
O Estadio Vero Boquete acolle un partido a prol da doazón de órganos entre a SD Compostela e o Palencia Cristo Atlético
Con motivo do partido do vindeiro domingo 16 de abril ás 10:00 horas, a Asociación ALCER Coruña, o Concello de Santiago e a SD Compostela desenvolverán unha acción de sensibilización co fin de recordar aos e ás asistentes como a doazón de órganos pode salvar vidas. Esta iniciativa ten lugar no marco da cuarta campaña "Doar é doado" da entidades coruñesa coa que vén colaborando o Concello nos últimos anos.
TURISMO
A cómica e actriz Sara Escudero anima o sector turístico de Santiago a adherirse a Santiguau
No primeiro ano de Santiguau adheríronse xa máis de 70 establecementos a este programa de fomento do turismo "Dog Friendly" dirixido a aquelas persoas que visitan Compostela coas súas mascotas.
MOBILIDADE
Mañá terá lugar o segundo Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible
Despois do primeiro encontro, centrado na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade, mañá, 12 de abril, terá lugar o segundo, que versará sobre o transporte público. A cita, telemática, será a partir das 10.00 h. Ao longo dos meses de marzo e abril, celebraranse outros dous encontros temáticos no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato para a posta en marcha da Oficina de Transformación Dixital
A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato que ten por obxecto a prestación do "servizo de oficina de transformación dixital" á empresa Indra Soluciones Tecnológicas de la Información SLU, por un importe, IVE engadido, de 501.735,80 euros, e un prazo de dous anos. O obxectivo é darlle un novo impulso ao reto de transformación dixital que se está levando a cabo no Concello de Santiago de Compostela dende fai un ano.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o mantemento e subministración do alumeado público exterior do concello, que prevé un aforro eléctrico superior ao 70%
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria deu luz verde á adxudicación do contrato de "servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministración do alumeado público exterior do concello de Santiago" á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L., por un importe total de 41.765.702,55 euros, IVE engadido. Este novo contrato permitirá a renovación e mantemento do alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio por un período de dez anos,...
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao proxecto para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite
A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o proxecto técnico básico e de execución para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite cun orzamento global de 1,3 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses.
A reforma integral do pavillón de Vite pretende emendar a situación actual dunhas instalacións que datan da década dos 90 tras un uso intensivo durante máis de 30 anos.