MOCIDADE
A Concellería de Mocidade lanza un ciclo de obradoiros para previr a adicción aos xogos de apostas en menores
Rubén Prol, concelleiro de Mocidade, acompañado polo educador social Ramón Molina, presentaron esta mañá en rolda de prensa a segunda edición de "Vas Picar? Mocidade libre de apostas" que este ano porá en marcha unha serie de obradoiros dirixidos ao alumnado de educación secundaria co fin de sensibilizalos sobre os perigos da ludopatía.
DEPORTES
Os Xogos de Natación para persoas con discapacidade intelectual terán lugar este sábado en Santiago
As piscinas municipais de Santa Isabel serán o escenario esta fin de semana da 24ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación para persoas con discapacidade intelectual. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, que estivo acompañada na rolda de prensa polo secretario de Special Olympics Galicia, Javier García, e Daniel Rodríguez, deportista participante da asociación ASPAS.
MEDIO AMBIENTE
Santiago acollerá a primeira reunión do proxecto europeo BIORECER
Esta iniciativa, liberada por Cetaqua Galicia, centro tecnolóxico da empresa Viaqua, busca promover o uso de biomasas para mellorar o rendemento e a trazabilidade das materias primas biolóxicas utilizadas polas bioindustrias. O proxecto, que conta con socios nacionais e estranxeiros, celebrará a súa primeira reunión os vindeiros 17 e 18 de outubro no Pazo de Fonseca e no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago (USC).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as bases de dúas convocatorias de axudas destinadas a empresas de Santiago e do Premio á excelencia empresarial
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou hoxe as bases de tres convocatorias destinadas a empresas, nas que se investirán, en conxunto, 460.000 euros. En concreto, deuse luz verde ás axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social (250.000 euros); as subencións para actuacións en materia de economía circular (150.000 euros); e á primeira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030" do Concello de Santiago.