IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Villajoyosa (Alacante), vítima de violencia machista.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o sector cultural como factor de desenvolvemento económico da cidade
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión final do proxecto europeo liderado polo Eixo Atlántico EPICAH, centrado na importancia da cultura como motor económico das cidades. Na súa intervención, Sánchez Bugallo sinalou que en Santiago este sector representa un 6% da actividade económica, e ten "potencial" para "experimentar un crecemento moito maior que outros sectores".
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao aluguer temporal do inmoble que albergará as oficinas provisionais de Medio Rural e de Parques e Xardíns
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, nunha reunión extraordinaria, alugar á empresa Desproi Promociones un inmoble que se destinará á ubicación dos servizos de parques e xardíns e medio rural de xeito temporal, e polo periodo de execución das obras das novas instalacións sitas no recinto ferial de Amio. Tamén se lle deu luz verde ao traslado do persoal téncio e administrativo destes departamentos ás novas instalacións.