MOCIDADE
A Concellería de Mocidade pon en marcha unha campaña para previr a adicción aos xogos de apostas en menores
Aproveitando a efeméride do 29 de outubro, xornada na que se celebra o Día sen xogos de azar, a Concellería de Mocidade pon en marcha a campaña de sensibilización "Vas picar? Mocidade libre de apostas", que presentaron esta mañá o concelleiro Rubén Prol e o educador social Ramón Molina.
IGUALDADE
O documental "A vida conta" retrata a vida das mulleres do rural compostelán durante a pandemia
A peza gravouse entre marzo de 2020 e o verán de 2021 e proxectarase o venres 5 de novembro ás 17h no centro sociocultural de Busto e o mércores 10 de novembro ás 19h na Casa Xohana Torres. Despois, poderá verse de xeito libre e gratuíto nas redes sociais de Compsotela, Territorio das Mulleres
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia acolle mañá o primeiro concerto dun Ciclo Lied que centrará a súa 22ª edición na mélodie francesa, en Mahler e no bicentenario de Pauline Viardot
O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago de Compostela coa coordinación artística da asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e coa colaboración da Deputación da Coruña, dará comezo mañá cun primeiro concerto no Auditorio de Galicia á súa 22ª edición, que este ano muda de formato. Deste xeito, o ciclo celebrará tres recitais nos meses de outubro, decembro e febreiro integrados na temporada 2021-2022 da Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia, que...
TURISMO
Santiago suma máis de 45.000 pernoctacións internacionais en setembro
O turismo español continuou superando amplamente as cifras previas á pandemia, superando as 100.000 pernoctacións no pasado mes.