ALCALDÍA
Visita institucional da embaixadora de Romanía
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a embaixadora de Romanía en España, Gabriela Dancau, que asinou no libro de Ouro da cidade. No texto, sinala sentirse "honrada" desta visita ao concello compostelán, e agradece a "hospitalidade que lle brindan" de "continuar estreitando" as "excelentes relacións de cooperación" entre Romanía e Galicia. O rexedor, que lle agradeceu a visita, interesouse pola situación do colectivo romanés no noso país.
POLÍTICAS SOCIAIS
A AECC conta con nova sede en Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da nova sede da Asociación Española contra o Cancro (AECC), un baixo de 163 metros cadrados,situado na Avenida de Barcelona, preto do Complexo Hospitalario de Santiago. No acto tamén estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o presidente da asociación en Compostela, Francisco Pais; e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos gratuítos baixo o lema "Música para a cidade", con todos os convites xa esgotados
A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións gratuítas, tanto na sede da RFG como noutros espazos diferentes da cidade.