XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica obras por preto de 1.200.000 euros
A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, deu o visto bo á adxudicación de varias obras por un montante global de 1.218.022,76 euros, a maioría delas correspondentes ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta destes e outros asuntos en rolda de prensa está mañá.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música ofrecerá catorce concertos dentro do ciclo de outono
"En tempo cos ventos" é o título que agrupa os catorce concertos que dará a Banda Municipal de Música nos vindeiros tres meses. O programa, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, Casiano Mouriño, recolle importante colaboracións e o comezo dun ciclo de concertos nos centros socioculturais.
EDUCACIÓN
Nova reunión do Concello coas ANPAS para informar sobre a situación nos comedores escolares
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, reuníronse esta mañá co presidente e coa vicepresidenta da Asociación de ANPAs de Santiago, Fernando Lacaci e Esther Martínez, para informalos da situación actual nos comedores escolares.
ALCALDÍA
Chamamento do alcalde á responsabilidade dos máis novos ante o aumento de casos tralo comezo do curso universatario
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a rolda de prensa da Xunta de Goberno local para facer un novo chamamentos á responsabilidade no cumprimento das medidas anti-COVID, en especial dos máis novos.