MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Os/as usuarios/as do transporte urbano recibirán este xoves exemplares de "Follas Novas", de Rosalía
As persoas que este xoves empreguen o transporte urbano poderán atoparse cun agasallo en forma de libro: Follas Novas, de Rosalía de Castro. O reparto de balde desta publicación, previsto con motivo da celebración do 8M, Día Internacional das Mulleres, tivera que adiarse por mor da crise sanitaria.
FESTAS
As festas do Apóstolo, fieis á súa cita co Día do Traxe
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, acompañado pola presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e pola secretaria da entidade, Carmen Guitián, presentou unha nova edición do Día do Traxe Galego, unha desas citas que xa vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo. De feito, esta é xa a edición número 41 deste Día do Traxe e celebrarase durante a mañá do vindeiro xoves 23 de xullo.
CIDADE HISTÓRICA
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico dá o visto bo á actuación na costa do Cristo para mellorar a accesibilidade a Raxoi
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente sobre o proxecto de mellora da accesibilidade ao Pazo de Raxoi na costa do Cristo. A intervención consiste no acondicionamento do acceso ás dependencias de Tráfico e da Secretaría Municipal, que neste momento se realiza a través dunha plataforma e unhas escaleiras metálicas nada respectuosas coa imaxe da cidade histórica.