XUNTA DE GOBERNO
Ampliase ata o 30 de novembro o prazo de xustificación das convocatorias de axudas destinadas á restauración, e a autónomos e micropemes
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, acordou ampliar o prazo de xustificación, ata o 30 de novembro, de dúas convocatorias: a de "Axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá. Plan de reactivación do sector turístico COVID19", e a de "Axudas a empresas para a reactivación económica Cómpostela Móvese 2020-COVID19 para autónomos e micropemes de menos de 11 traballadores de Santiago de Compostela". Unha vez aprobada esta...
CONSORCIO
Rematan as obras na capela de Santas Mariñas do Sar, promovidas polo Consorcio de Santiago
O Consorcio de Santiago vén de rematar as obras de mantemento na capela de Santas Mariñas do Sar, por un importe global de 52.959,28 euros. O responsable deste proxecto é o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio Pablo Tomé. Explica que a actuación encamiñouse á realización das tarefas de reconstrución do tellado, renovación da pintura das fachadas e renovación da drenaxe exterior dos muros.
URBANISMO
As investigacións arqueolóxicas no Castelo da Rocha sacan á luz dous novos tramos de muralla e dous fosos
As recentes investigacións arqueolóxicas realizadas no exterior do castelo da Rocha Forte permitiron sacar á luz parte dun complexo sistema defensivo que protexería o acceso principal da fortaleza. Localizáronse dous tramos de muralla, un deles cunha torre circular encostada; e dous fosos.