MEDIO AMBIENTE
O Concello pon en marcha a segunda fase do programa de compostaxe doméstica
Tras a boa acollida do proxecto, a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de poñer en marcha unha segunda fase do programa de compostaxe doméstica iniciado o ano pasado. Ademais de ampliar o número de participantes nas parroquias de Figueiras, Grixoa, Laraño e Villestro, o modelo estenderáse á Gracia e a Sabugueira.
ACCIÓN CULTURAL
Redrum Teatro estrea "Idiota" no Teatro Principal
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a estrea absoluta de Idiota, de Redrum Teatro, acompañada do director do espectáculo, Álex Sampayo, e dos seus dous protagonistas: Machi Salgado e Susana Sampedro. A estrea será este mércores 6 de marzo, no Teatro Principal, ás 20:30 h, e repetirase función o xoves 7 á mesma hora. Inicialmente estaba prevista tamén unha función o venres 8 de marzo, pero a compañía decidiu cancelala para secundar a Folga de...
FESTAS
Suspendido polo mal tempo o desfile do Entroido
O desfile do martes de Entroido tivo que ser finalmente suspendido a consecuencia do forte vento e das intensas choivas desta tarde. O Concello intentou apurar todo o posible a decisión agardando que o clima puidese respectar o desfile, pero finalmente non foi posible. Nestes momentos estase a falar cos diferentes inscritos e inscritas con fin de fixar unha nova data para o concurso, atendendo á súa dispoñibilidade.