ACCIÓN CULTURAL
Santiago sube tres postos no ranking do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea
Santiago ocupa o posto número 12 no ranking de cidades do Estado do Observatorio da Cultura 2018, que realiza a Fundación Contemporánea. Deste xeito, Compostela mellora tres postos con respecto ao informe de 2017 e é a primeira cidade galega da lista, tres chanzos por riba da Coruña.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Visita do luthier portugués Pedro Gomes á Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música recibiu este mércores a visita do luthier portugués Pedro Gomes Pinhal, que tivo unha conversa cos alumnos e alumnas do centro sobre o arco nos instrumentos de corda. Nela, tratou aspectos como a construción dos arcos, os procedementos para a súa reparación e o seu mantemento, así como os materiais e o instrumental empregados no seu traballo.
ALCALDÍA
Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada que une Santa Lucía e Vedra
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na visita as obras que a Deputación da Coruña vai desenvolver na estrada provincial que une o lugar de Santa Lucía, na parroquia do Eixo, co Concello de Vedra. Trátase dunha actuación longamente demandada polo Goberno local, que permitirá acondicionar beirarrúas nun tramo moi poboado do viario.
EMPREGO
Cen mulleres melloran a súa cualificación profesional grazas ao programa de emprego "Santiago E-Com"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou hoxe no Cersia o programa integrado de emprego Santiago E-Com, que se está a desenvolver ata o mes de outubro con 100 mulleres do municipio. Está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral a través do desenvolvemento dun itinerario que conterá distintas accións.