OBRAS E DEPORTE
En marcha a primeira das tres obras que "converterán Santa Isabel nunha infraestrutura deportiva de referencia"
Xa están en marcha as obras de mellora do céspede e do sistema de rega do campo de fútbol de Santa Isabel. Esta é a primeira das tres actuacións que se van levar a cabo nos próximos meses na instalación deportiva, e que suporán un investimento total de preto de 600.000 euros.
DEPORTE
Santiago acolle o Campionato de España de Escalada Deportiva en Idade Escolar, no que participan 80 deportistas
O rocódromo Indorwall será a sede do Campionato de España de Escalada Deportiva en Idade Escolar, que se celebra os días 7 e 8 de xullo na nosa cidade. Na proba participarán 80 deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Castela e León, Estremadura, Valencia, Andalucía, Euskadi, Aragón e Castela-A Mancha.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece un concerto este sábado en Portugal, no marco do Festival Internacional de Música de Espinho
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer un concerto este sábado, 7 de xullo, en Portugal, no marco do prestixioso Festival Internacional de Música de Espinho, no Auditorio da cidade, ás 22:00 horas. A batuta levaraa o músico alemán Lars Vogt, que ademais interpretará dous concertos de Beethoven ao piano.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello colaborará con Arela na difusión do programa "CONVIVE.COMigo"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, reuniuse este xoves con Eva Piñeiro e Ánxela Álvarez, técnicas da Asociación Arela, para falar da difusión do programa CONVIVE.COMigo. Este proxecto, impulsado por Arela e a Xunta de Galicia nas provincias da Coruña e de Pontevedra, ten como obxectivo a busca de persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir unha medida xudicial (convivencia con outra persoa, familia...
FACENDA
Aberto o prazo para o pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles
A Concellaría de Facenda lembra aos e ás contribuíntes que dende hoxe xoves, 5 de xullo, e ata o vindeiro 5 de setembro (ambos incluídos) estará aberto o prazo para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI).
ECONOMÍA E FACENDA
Santiago e outras sete cidades do Estado asinan a Declaración de Barcelona a favor dun financiamento local estable e xusto
As cidades de Barcelona, Cádiz, Córdoba, A Coruña, Madrid, Zaragoza, Santiago de Compostela e Valencia asinaron hoxe a Declaración de Barcelona na capital catalana para reclamarlle ao novo Goberno do Estado un financiamento e fiscalidade local estable e suficiente que permita garantir dereitos sociais básicos. Ata alí acudiu a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.