MEDIO AMBIENTE
Vite estrea unha renovada área de xogos infantís no parque Pablo Iglesias
A área de xogos infantís do parque Pablo Iglesias, en Vite, presenta nova imaxe. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou hoxe a zona, que vén de ser renovada cun investimento de case 80.000 euros.
FESTAS
O Observatorio da Nova Diáspora Galega, ONDA, bota a andar ao abeiro das festas do Apóstolo
O Centro Cívico do Romaño acollerá os días 20, 21 e 22 de xullo, no marco das festas do Apóstolo, o programa ONDA, o Observatorio da Nova Diáspora. Trátase dun proxecto que pretende "dar a coñecer e poñer en valor o traballo dos creadores e creadoras galegas que viven fora de Galicia, dándolles voz aos/ás novos/as emigrantes".
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha mostra do escultor "Francés" que rende homenaxe á muller, criticando o machismo da sociedade actual e a cultura xaponesa
A Casa do Cabido acolle a exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto…, que reúne pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como "Francés". Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio artista, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Chega a Santiago en agosto o programa de divulgación da USC "TodoCosmos"
Co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación científica astronómica TodoCosmos, iniciativa que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación.
DEPORTE
Últimos días para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais na tempada 2018-2019
O vindeiro luns, 16 de xullo, remata o prazo de solicitude de instalación deportivas municipais para a tempada 2018-2019. Os formularios de solicitude, que están dispoñibles tanto na web municipal como na do Departamento de Deportes, deben presentarse no Rexistro Xeral Municipal (rúa do Presidente Salvador Allende, 4 – baixo,.../a>