XUNTA DE GOBERNO
O Concello ocupará a entreplanta na rúa de Xeneral Pardiñas de propiedade municipal
A Xunta de Goberno acordou hoxe ocupar a entreplanta da rúa de Xeneral Pardiñas que o Concello de Santiago recibiu segundo unha permuta asinada no ano 2005, e que debería terlle sido traspasada libre de cargas. O local será destinado a usos socioculturais vinculados ao Departamento Municipal de Lingua. O Goberno local segue á espera de que se resolva o recurso xudicial que ten presentado para solicitar a nulidade do procedemento hipotecario que lle afecta ao inmoble.
ACCIÓN CULTURAL
"TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco" volve encher de música lugares singulares de Compostela
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, presentaron esta mañá no NH Collection Santiago a sétima edición de TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco, que se celebra do 26 de xuño ao 26 de xullo. Trátase do ciclo estival da Asociación Desconcierto Cultural co que se pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un...
TURISMO
As Cidades Patrimonio presentan a súa oferta turística e cultural en Berlín
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade presentou na noite deste xove en Berlín (Alemaña), xunto con Paradores, as novidades da súa oferta turística ao sector profesional do turismo da capital alemá.
CENTROS CÍVICOS
Regresa o ciclo "Liñas Paralelas" con dúas sesións de contos composteláns no CSC da Trisca
O mércores 27 de xuño e o martes 3 de xullo, ás 21:00 horas, o Centro Sociocultural da Trisca acollerá dúas novas sesións de Liñas Paralelas, o ciclo de relato e breve e música.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da nova convocatoria de axudas do "bonotaxi"
A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases da convocatoria das axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade. O orzamento previsto para a convocatoria é de 15.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde súmase á celebración do 50 aniversario do CEIP Quiroga Palacios
O alcalde, Martiño Noriega, sumouse hoxe á conmemoración do 50 aniversario do CEIP Quiroga Palacios, que celebrou unha gran festa aberta ao barrio de Conxo. Tamén o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou nos actos.