CENTROS CÍVICOS
Unha mostra exhibe a mirada de 14 fotógrafos e fotógrafas sobre o barrio de Conxo e eu seu célebre Banquete
Conxo, espazos e xentes é a posta en común da mirada de 14 fotógrafos e fotógrafas sobre o Banquete de Conxo e o que alí aconteceu. A exposición estará aberta ata o 16 de xullo na carballeira do Banquete de Conxo.
INFORMÁTICA
Seguen as xuntanzas para a implantación da Administración Electrónica
Este xoves celebrouse unha nova reunión para avanzar na implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago. Desta vez, a xuntanza xirou en torno ao proxecto denominado Estima, relacionado coa xestión tributaria e a recadación. O Goberno municipal destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma de Administración Electrónica.
POLÍTICAS SOCIAIS
As bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares poden solicitarse dende mañá venres
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe xoves, 21 de xuño, publica a convocatoria das bolsas de comedor, adquisición de material escolar a realización de actividades extraescolares. Así pois, dende mañá venres, 22 de xuño, e por un prazo de 15 días hábiles, estará aberto o prazo para a súa solicitude.
IGUALDADE
Compostela celebra mañá e pasado o Orgullo 2018 con festa e actos reivindicativos
Santiago vai celebrar o Orgullo 2018 cunha chea de actividades que se desenvolverán mañá venres e o sábado, na praza 8 de Marzo e no Matadoiro. O programa, baixo o nome Compostela Diversa, está organizado polo Concello, en colaboración cos colectivos AmiZando, Arelas, Avante e Ultreia.
MOBILIDADE
Servizos especiais do transporte urbano para asistir ao partido da SD Compostela e ao festival "O Son do Camiño"
O vindeiro 25 de xuño entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Os detalles do mesmos déronos a coñecer en rolda de prensa o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, quen tamén anunciaron os servizos especiais previstos con motivo do partido da SD Compostela en San Lázaro deste domingo e do festival O Son do Camiño.
CENTROS CÍVICOS
Teatro, circo e circuítos saudables, novas propostas para "vivir o verán" coa rede de Centros Cívicos
A rede de Centros Cívicos ten preparada unha ampla programación para os próximos meses, co obxectivo de ofrecer propostas de lecer e ocio saudable para todos os públicos. A concelleira Concha Fernández presentou hoxe algunhas das actividades que se levarán a cabo en xullo, como o programa de Circuítos saudables ou as actuacións de circo nos parques. Tamén deu conta da II Mostra de Teatro no Principal, que se celebrará a próxima semana.
ACCIÓN CULTURAL
"Peregrinos musicais" aumenta a sete o número de concertos, nos que participarán 11 novos talentos da música clásica
Santiago vai volver vestir a súas mellores galas nos escenarios históricos e monumentais que se reparten pola capital de Galicia para acoller, por oitavo ano consecutivo, o Festival Peregrinos Musicais. Ao Teatro Principal, a Catedral de Santiago e o Auditorio de Galicia engádense este ano o Salón Teatro, o Paraninfo da USC e o Auditorio de Sanxenxo. Tamén vai contar como é habitual coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia, que dirixe Maximino Zumalave, que ofrecerá un gran concerto de clausura o mércores 4...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago destinará 148.000 euros en axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza aprobáronse as bases da convocatoria do Programa Localízate, destinado á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica, para o que o organismo destinará 148.000 euros. Búscase mellorar a accesibilidade dos locais, a súa eficiencia enerxética, a súa imaxe exterior e o seu acondicionamento...
ACCIÓN CULTURAL E IGUALDADE
Compostela subscribe a Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas, promovida pola asociación Clásicas y Modernas
O Concello de Santiago vén de sumarse á Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas, impulsada pola asociación Clásicas y Modernas co obxectivo de equilibrar a presenza de homes e mulleres na programación artística. O acordo subscrito hoxe aféctalle a tres espazos culturais da cidade: o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e a Sala Agustín Magán.
PLENO
O Pleno acorda por unanimidade instar ao novo Goberno do Estado a cumprir os seus compromisos con Santiago
O Pleno da Corporación acordou este xoves, por unanimidade, instar ao novo Goberno do Estado a cumprir os compromisos pendentes con Santiago, en particular en relación a infraestruturas como a estación intermodal, a EDAR, o peche do orbital ou o acondicionamento da rotonda de Conxo.