FESTAS
Bombas de palenque, cabezudos e músicas diversas no arranque das festas da Ascensión
A Ascensión 2018 comeza mañá mércores ás 12:00 horas. As bombas de palenque darán paso a cinco días de festa cheos de actividades abertas a toda a cidadanía, moitas delas de balde, e cunha decidida aposta pola presenza de artistas femininas.
LINGUA
Variadas propostas teatrais e musicais na programación de maio do Apego
O programa Apego trae para este mes de maio varias propostas de teatro, música, obradoiros, contacontos e visitas guiadas. A celebración das Letras Galegas ou dos Maios serán fíos condutores para un calendario no que destaca a programación infantil e familiar prevista no marco das festas da Ascensión no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Compostela acolleu o acto central da celebración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu no Palacio de Congresos ao acto de conmemoración do Día Mundial da Cruz Roja e a Media Luna Roja en España. O evento estivo presidido pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia.
ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS
O alcalde avoga por "un Plan de Xestión reflexionado pola cidadanía e que garanta unha cidade histórica viva e habitada"
O Auditorio de Galicia acolle hoxe a Conferencia Estratéxica do Plan de Xestión, un encontro que servirá para concretar o contido dese documento que complementará o Plan Especial da Cidade Histórica, actualmente en proceso de revisión. A elaboración deste instrumento é un compromiso coa Unesco, en cumprimento das condicións esixidas por ser Santiago Cidade Patrimonio da Humanidade.