DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO
"Caravaning Compostela" alcanza a súa quinta edición como a única feira específica do sector en Galicia
Área Central acolle a partir deste venres 4 a quinta edición da feira do camping, caravaning e autocaravaning Caravaning Compostela, a única feira específica sobre este sector que se celebra en Galicia. Os afeccionados e afeccionadas teñen unha ocasión perfecta para atopar nun único punto as empresas máis importantes e as principais marcas do sector do caravaning e autocaravaning de Galicia. O evento foi presentado pola concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, nunha rolda de prensa na que...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Burgos.
ALCALDÍA
A Regueifesta reúne no Auditorio máis de mil escolares de toda Galicia
Máis dun milleiro de escolares de toda Galicia asistiron esta mañá no Auditorio á Regueifesta, o encontro arredor da improvisación oral en verso. Alba María, Josinho da Teixeira, Séchu Sende e Manolo Maseda participaron no evento, ao que foi convidado alumnado de Euskadi e de Cataluña. Ademais, no marco da Regueifesta entregáronse os premios da II edición do certame Enreguéifate.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Preto de 200 alumnos e alumnas de 11 centros participan no XXIII Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o XXIII Certame de Teatro Intercentros, que un ano máis se celebrará no Teatro Principal. O certame comezará o 7 de maio e estenderase ata o 22 de maio.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Parque Compostela Rupestre permitirá poñer en uso o Centro de Interpretación de Villestro
A posta en uso do Centro de Interpretación de Villestro será un dos primeiros obxectivos do Parque Compostela Rupestre, que están a activar a Deputación da Coruña e os concellos de Santiago, Ames, Teo, Val do Dubra e Brión. Así se acordou na xuntanza celebrada hoxe no Pazo de Raxoi, á que asistiron representantes das diferentes administracións implicadas. Na reunión volveuse tender a man aos municipios de Boqueixón e Vedra para que se incorporen ao proxecto.
ALCALDÍA
Recepción á Asociación Europea de Cafés Históricos
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibiron os/as representantes da Asociación Europea de Cafés Históricos, con motivo da celebración en Compostela do 3 ao 5 de maio das xornadas xornadas "Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo".
CONSORCIO
O Consorcio dixitaliza o fondo fotográfico do compostelán Ramón Sánchez Estalote
O fotógrafo compostelán Ramón Sánchez Estalote (1908-2002) retratou a cidade de Santiago e parte de Galicia durante as décadas centrais do século XX. O seu arquivo, gardado en caixas de zapatos e nunha vella maleta de cartón, algo moi habitual nesa época, foi recuperado polos seus sobriños pouco despois do seu falecemento. Hai uns meses, os seus herdeiros asinaron un convenio co Consorcio de Santiago en virtude do cal lle cederon estes fondos para garantir a súa conservación e divulgación.
CONSORCIO
O 14 de maio remata o prazo para inscribirse no curso de posgrao de especialización orquestral, que permite ao alumnado formarse coa Real Filharmonía de Galicia
Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2018-2019. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
A Ascensión, os actos do Día das Letras e do Día dos Museos centran a "Compostelánea" de maio
Xa está dispoñible para a descarga o número de maio da Compostelánea, a publicación mensual que elaboran conxuntamente Acción Cultural e Turismo de Santiago para informar a residentes e visitantes das propostas culturais e turísticas da cidade. Na súa 22ª entrega, o boletín dedica a portada e a reportaxe principal á programación das festas da Ascensión, que este ano se celebran do 9 ao 13 de.../a>