CONVIVENCIA
A última campaña da Policía Local de control de alcohol e drogas sáldase con 1.274 probas e 27 positivos
No marco da última campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT, realizada do 11 ao 17 de decembro, a Policía Local de Santiago realizou un total de 1.233 probas de alcoholemia e 41 de drogas, cun balance de 20 e 7 positivos, respectivamente.
EQUILIBRIO TERRITORIAL
Remata a primeira fase das obras da Cañoteira, que permitirán que autobuses ou ambulancias accedan ao interior de Marrozos
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitaron este xoves a parroquia de Marrozos, para comprobar os avances nas obras que se están executando no lugar da Cañoteira. No percorrido estiveron acompañados polos representantes da veciñanza da parroquia.
ACCIÓN CULTURAL E CENTROS CÍVICOS
O Apalpador percorrerá este venres a zona vella e continuará coas súas visitas aos centros cívicos
O Apalpador percorrerá mañá venres as rúas da cidade histórica, nunha ruada que hoxe foi presentada pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. Ademais, esta figura mítica do Nadal galego continuará nos próximos días percorrendo os centros cívicos de Compostela.
NADAL
A programación de Nadal en Compostela tráenos mañá venres algunhas das súas apostas máis destacadas
A programación de Nadal de Compostela deste venres 22 chega cunha manchea de actividades, entre as que destacan as enfocadas á mocidade compostelá. A ruada do Apalpador ou a actuación do Coro Compostela en Escena están entre as propostas da xornada.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia tocará unha selección de fragmentos de "O Mesías", de Haendel, no seu tradicional concerto de Nadal
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal, dedicado a O Mesías, de Haendel, que nesta ocasión está financiado pola Obra Social La Caixa. A cita será mañá venres 22 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas xa están esgotadas.
PLENO
O Concello de Santiago insta á Xunta a denegar a reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino
O Concello de Santiago instará á Xunta de Galicia a denegar a reapertura da mina de cobre dos municipios de Touro e O Pino. Así se acordou no Pleno celebrado este xoves, a partir dunha proposta do BNG que contou co voto favorable de Compostela Aberta e do PSOE e coa abstención do PP. O texto aprobado hoxe lembra que o proxecto de megaminería de Touro-O Pino aféctalle a preto de 700 hectáreas, das que 500 son terreos agrícolas e forestais. Tamén se estima que a reapertura da mina afectaralle a augas soterradas, ao propio río...