ALCALDÍA
Asinado o convenio de colaboración entre o Auditorio de Galicia e a Deputación da Coruña
O alcalde de Santiago e a vicepresidenta da Deputación da Coruña asinaron este martes o convenio de colaboración polo que a institución provincial lle fai unha achega de 235.000 euros ao Auditorio de Galicia para actividades que se levaron a cabo ao longo deste 2017.
ALCALDÍA
Os alcaldes de Santiago e Ames buscan vías de colaboración para mellorar o tránsito na SC-20
Os alcaldes de Santiago e Ames mantiveron hoxe unha xuntanza no Pazo de Raxoi, co obxectivo de analizar os problemas de tráfico na SC-20 e buscar vías de colaboración para solucionalos. Martiño Noriega e José Miñones acordaron solicitar unha reunión conxunta con Demarcación de Estradas para estudar as posibles medidas a adoptar para paliar os atascos de cada mañá.
ACCIÓN CULTURAL
O Principal acolle este sábado a estrea da ópera "Il segreto di Susanna"
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) estrea este sábado 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, a súa segunda produción operística, Il segreto di Susanna (O Segredo de Susana). Esta ópera escenificada reunirá sobre as táboas a un total de dez artistas, incluíndo a Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas, ao barítono Javier Franco e aos músicos do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC). Así o...
FACENDA
Os orzamentos de 2018 ascenden a 110 millóns de euros, os máis elevados dende o exercicio 2009
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá o borrador de orzamentos para o vindeiro exercicio, cuxa cifra ascende a 110 millóns de euros e supón o orzamento máis elevado dende o ano 2009.
MERCADOS
A Praza de Abastos repartirá 10.000 euros durante a súa campaña de Nadal
A concelleira de Mercados, Noa Morales, e a xerente da Praza de Abastos, Marta Rey, presentaron Nadal do Mercado, a programación especial do recinto para estas datas. As actividades buscan incentivar o consumo de produto fresco entre a xente máis nova. Coa colaboración do Concello, este ano repartiranse 10.000 euros a través de varios sorteos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Xuntanza en Matosinhos (Portugal) do Grupo de Educación do Eixo Atlántico
A Cámara Municipal de Matosinhos (Portugal) acolleu unha reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, que preside o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.
MEDIO RURAL
Os catro grupos municipais e Ferusa analizan a situación das parroquias na primeira xornada do "cultRural"
Esta tarde arrancou, na Facultade de Ciencias da Información, o encontro cultRural, co que Santiago quere converterse nos próximos días na capital da cultura rural. Na inauguración participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, que incidiu en que, "como dicía Otero Pedrayo, Santiago é a aldea máis grande de Europa, na que calquera persoa do rural se sente ben acollida".