IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas tres vítimas da violencia de xénero
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron esta fin de semana tres vítimas, na nosa cidade, en Vigo e en La Pobla de Mafumet (Tarragona).
INNOVACIÓN
Santiago, Madrid, A Coruña e Zaragoza unen esforzos para mellorar participación e transparencia a través da tecnoloxía
Os concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Zaragoza asinaron hoxe o convenio para a realización do proxecto Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, proposta que foi unha das gañadoras da II convocatoria do programa Cidades Intelixentes da axenda dixital para España, convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O investimento total do proxecto ascende a 2.090.461 euros, financiados por Red.es e os concellos, nun 60% e un 40%, respectivamente.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde asiste á inauguración oficial do centro da Asociación de Dano Cerebral Sarela
O alcalde participou esta mañá na inauguración oficial do centro da Asociación de Dano Cerebral Sarela, situado no Castiñeiriño. Ao acto tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e os voceiros dos grupos da oposición.
CONSORCIO
O Consorcio aproba un orzamento de 9,1 millóns de euros para 2017
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Entre os temas abordados na orde do día, presentáronse os presupostos para o vindeiro ano, que alcanzan os 9.142.471,05 euros. As aportacións das tres Administracións consorciadas mantéñense por segundo ano consecutivo, despois de baixadas continuadas dende 2007. A Administración Xeral do Estado...
TURISMO
Santiago participou na I Bienal Internacional de Patrimonio de Córdoba como exemplo de boas prácticas
A organización da Bienal Internacional de Córdoba, que se celebrou por primeira vez do 15 ao 17 de decembro na cidade andaluza e que nesta ocasión reflexionou sobre "A economía do Patrimonio", convidou a Turismo de Santiago a participar como exemplo nunha das mesas de boas prácticas do evento. A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, explicou o traballo de colaboración entre Santiago e a cidade xaponesa de Tanabe para a promoción conxunta dos Camiños de Santiago e o Kumano Kodo.
BANDO
Bando polo que se declara hoxe día de loito oficial no Concello de Santiago
Publícase o bando municipal polo que se declara este luns, 19 de decembro, día de loito oficial no Concello de Santiago, e polo que se manifesta publicamente a condolencia e solidariedade da Corporación compostelá coa familia e persoas achegadas de Elena Mihaela Marcus.
MEDIO AMBIENTE
Compostela recibirá un préstamo do IDAE de case 1,5 millóns de euros para mellorar 2.500 puntos de luz
O Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) notificoulle hoxe ao Concello de Santiago a concesión da axuda que fora solicitada para a mellora da iluminación exterior pública. Trátase dun préstamo reembolsable de case 1,5 millóns de euros, para actuar en 2.500 puntos de luz.