CONSORCIO
A RFG retransmitirá o concerto deste venres en directo por internet, con Antoni Ros Marbà á batuta
A Real Filharmonía de Galicia celebra este venres o seu concerto semanal de abono no Auditorio de Galicia. A cita comezará ás 20:30 horas. O concerto retransmitirase en directo por streaming a través da web da orquestra (www.rfgalicia.org) e das redes sociais. A batuta levaraa o mestre catalán Antoni Ros Marbà, quen fora director titular da RFG durante 14 anos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello conmemora o 68 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos cun cento de nenos e nenas
O Concello de Santiago celebrou esta mañá un acto de conmemoración do 68 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos mediante a lectura dun manifesto institucional por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e dos artigos da Declaración.
NADAL
A Fundación Secretariado Xitano atendeu máis de 200 persoas grazas ao convenio de colaboración co Concello
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada da coordinadora da Fundación Secretariado Xitano en Compostela, Isabel Suárez, e do mediador intercultural Luis Jiménez, deu conta da memoria de actividades desenvolvidas pola asociación grazas ao convenio de colaboración posto en marcha co Concello de Santiago.
NADAL 2016
Menús e contos doutros países no programa "Convive no Nadal"
O concelleiro Xan Duro presentou hoxe unha das actividades de programación de Nadal, impulsada dende a Concellaría de Políticas Sociais e en colaboración coa Plataforma polo Emprego e o Foro da Inmigración. Trátase do programa Convive no Nadal, que ten como obxectivo "dar a coñecer as tradicións doutros países, lugares de orixe de moitas persoas que son hoxe as nosas veciñas nunha cidade tan intercultural como Compostela". Na presentación participou Rocío Rodríguez, representante da...
CONSORCIO
Unha exposición reúne na Casa do Cabido máis de cen retratos realizados por Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus
Baixo o título Rostros, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus, rostros que o artista recolleu durante os anos 20 e 30 do pasado século.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A presentación das conclusións do Catálogo de Economía Social no Concello de Santiago pecha o I Foro de Economía Social Inspiradora
A Concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, pechou hoxe as sesións plenarias do primeiro Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na Adversidade, coa presentación das conclusións do Catálogo de Economía Social do Concello de Santiago, estudo realizado no marco das accións do programa Compostela Móvese 2016.
NADAL 2016
O Mercado da Estrela celebra o seu Festival 5º Aniversario con oito concertos gratuítos e máis de 80 expositores
O sábado 17 e o domingo 18 de decembro festéxase a quinta edición do Mercado da Estrela en catro espazos da cidade, que acollerán unha feira de agasallos de Nadal e unha ampla programación de balde para todas as idades. O Museo do Pobo Galego, a praza 8 de Marzo, o Matadoiro Compostela e a Cantina Gourmet no corredor de Bonaval serán as localizacións onde se desenvolverá a iniciativa.
PLENO
A Corporación aproba o inicio da asunción directa dos servizos de ORA e guindastre por parte de Tussa
O Pleno da Corporación acordou hoxe iniciar o procedemento de asunción directa da xestión do servizo de ORA e guindastre a través da empresa municipal Tussa. Péchase así o proceso administrativo que iniciara o Goberno local, tras recibir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulara a adxudicación do servizo á empresa Setex Aparki por incumprir o prego técnico de condicións do procedemento.
PLENO
Acordo unánime para crear novas zonas de skateboard
O Pleno da Corporación acordou hoxe por unanimidade a creación de novas zonas de skateboard e patinaxe en Santiago. Foi a raíz dunha proposta do BNG, que contou cos votos favorables de todos os grupos da Corporación.