XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local dá o último paso para a entrada en funcionamento da mellora da EDAR da Silvouta
A Xunta de Goberno acordou hoxe dispoñer a posta en marcha das obras incluídas no proxecto de adecuación da EDAR da Silvouta, Fase III, executadas pola sociedade estatal Acuaes. Do mesmo xeito, aprobouse encomendarlle a súa explotación á empresa Viaqua, que deberá presentar un estudo dos custos reais de explotación, transcorridos tres meses desde a entrada en funcionamento das instalacións.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández abriu o X Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugurou o X Seminario de Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que se celebrou na Facultade de Psicoloxía. A xornada estivo organizada por Fademga Plena Inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.
IGUALDADE
A Corporación e a sociedade compostelá amosan o seu rexeitamento ás violencias machistas
A Corporación compostelá amosou esta mañá, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o seu rexeitamento ante a lacra das violencias machistas.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a iluminación para as festas do Nadal
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe a instalación da iluminación decorativa con motivo do Nadal á empresa Iluminaciones Artísticas Salnés S.L. O alcalde, Martiño Noriega, amosouse convencido de que "cos prazos que manexamos, o alumeado poderá estar funcionando en torno á ponte de decembro".
XUNTA DE GOBERNO
Todo listo para iniciar a repavimentación do entorno de Santa Susana
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de repavimentación do entorno do Parque de Santa Susana, unha actuación que se financiará con cargo aos remanentes. A obra está presupostada en 72.994 euros (máis IVE de 15.328,74 euros) e dela encargarase a empresa F.Gómez y CIA.
MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde recibe o recoñecemento da Asociación de Empresas Medioambientais de Galicia
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolleu onte un dos premios APROEMA Medio Ambiente 2016, concedido á iniciativa Tropa Verde. Foi nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos, ao que asistiron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o segundo tenente de alcalde de Santiago, Jorge Duarte.
ACCIÓN CULTURAL
Carlos Saura recolle o Premio Cineuropa
A xornada deste sábado en Cineuropa, a penúltima do festival, estará protagonizada polo recoñecemento a Carlos Saura como un dos cineastas máis importantes do cinema español. Ademais, o Teatro Principal acolle a estrea de Fai bei sogni (Doces soños, o novo de Marco Bellocchio.
ACCIÓN CULTURAL
"Xan Soldado", de Carlos Alba "Cellero", este domingo na Sala Agustín Magán
Este domingo poderemos ver na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta) o espectáculo Xan Soldado en versión e interpretación de Carlos Alba "Cellero". Será a partir das 12:30 horas, cunha duración de 50 minutos, e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Máis de 500 escolares participaron na primeira edición do Cineuropa Infantil
Escolares dos CEIPs Raíña Fabiola, López Ferreiro, Monte dos Postes, Lamas de Abade, Quiroga Palacios, Ramón Cabanillas e Pío XII, e dos colexios Santa Apolonia e Nosa Sra. dos Remedios participaron na primeira edición de Cineuropa Infantil, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía no marco da 30ª edición do festival Cineuropa.
ACCIÓN CULTURAL
Chema Prado recibiu o Premio Cineuropa
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado do director do festival Cineuropa, José Luis Losa, entregou o Premio Cineuropa a Chema Prado, quen fora director da Filmoteca Nacional, por unha vida entregada á preservación do cine.