CONSORCIO
Un libro coeditado polo Consorcio de Santiago e a editorial Andavira afonda na figura do prateiro compostelán Ricardo Martínez Costoya
A obra de Ana Pérez Varela, gañadora do VI Premio de Ensaio Histórico "Domingo Fontán", foi presentada onte nun acto na sé da Real Sociedade Económica de Amigos do País que contou coa presenza do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica dúas novas obras na zona rural
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de dúas novas obras na zona rural, por un importe de 641.846 euros. Tamén se adxudicaron 13 solicitudes de renovación da autorización de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para 2022, que se suman ás 27 aprobadas a semana pasada.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia avanzan na ampliación do polígono da Sionlla
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para avanzar en temas como a ampliación do polígono da Sionlla ou a ampliación das áreas de rehabilitación integral.
ACCION CULTURAL
Compostela acolle a asemblea xeral de ICOMOS España e unha xornada técnica sobre o Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, achegouse esta tarde ata o Auditorio de Galicia, para saudar ás persoas asistentes á Asemblea Xeral Ordinaria de ICOMOS España. Entre os asistentes atópase a concelleira de Urbanismo, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o presidente de ICOMOS España, Jordi Tresseras Juan.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago anima a cidadanía a participar na III Festa do Banquete
Tras dous anos de parón motivado pola pandemia, volve a Festa do Banquete á Carballeira de Conxo o 20, 21 e 22 de maio. O Concello de Santiago e a Comisión creada ao efecto está preparando un amplo programa de actividades para esa fin de semana e chaman á participación de toda a veciñanza nas distintas modalidades posibles. O programa completo darase a coñecer en vindeiras datas.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta pola promoción turística en Estados Unidos
Turismo de Santiago participa nunhas xornadas directas de comercialización co mercado norteamericano que se celebran en Miami ao longo de tres días e que organiza Turespaña.
MEDIO AMBIENTE
Xa está en Santiago o galardón obtido polo Carballo de Conxo no certame de Árbore Europea do ano 2022
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu, de mans do eurodiputado Nicolás González Casares, o galardón obtido no certame Árbore Europea do ano 2022. O candidatura do Carballo de Conxo, impulsada desde o Concello de Santiago, quedou en segundo lugar, con 168.284 votos, a só dez mil do carballo Dunin, localizado en Polonia.