DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E POLÍTICAS SOCIAIS
Doce persoas emprendedoras participan no primeiro Grupo de Traballo Creativo organizado polo Concello de Santiago
As concelleiras de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron os resultados do primeiro programa de Adestramentos Colaborativos para a creación dun Grupo de Traballo Creativo organizado polo Concello. As concelleiras estiveron acompañadas pola coordinadora do programa, María Traveso, e dúas das persoas participantes no mesmo, Xaime Cortizo e Lía Cotón.
DEPORTE
Case 200 nadadores e nadadoras daranse cita esta fin de semana en Santiago na Copa Galega Alevín de Inverno
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou en rolda de prensa o Campionato Galego Alevín de Inverno de Natación, que terá lugar esta fin de semana nas Piscinas de Santa Isabel.
PLENO
Aprobada unha declaración institucional para a reconexión do barrio de Conxo
O Pleno da Corporación aprobou este venres, na sesión ordinaria de febreiro, unha declaración institucional para instar ao Ministerio de Fomento a preservar un espazo para a cidadanía na parte superior da rotonda de Conxo. Os catro grupos coinciden en que é preciso favorecer "unha conexión superficial moito máis amable e peonil, sen antepoñer os intereses circulatorios que, en grande medida, van ter resposta co túnel".
ALCALDÍA
O alcalde coñece os valiosos fondos da Fundación Eugenio Granell
O alcalde visitou esta mañá a sede da Fundación Granell, no Pazo de Bendaña, para coñecer os valiosos fondos da entidade. Martiño Noriega estivo acompañado no percorrido pola directora da Fundación e filla de Eugenio Granell, Natalia Fernández Segarra.
TURISMO
O gasto medio dos turistas creceu un 7,42% en Santiago no ano 2015
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o responsable do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da Universidade de Santiago, Miguel Pazos, presentaron no Pazo de Raxoi o Estudo de Caracterización da Demanda Turística de Santiago de Compostela no ano 2015, que elaborou o Cetur para Turismo de Santiago.
CONVIVENCIA E MOBILIDADE
O Concello de Santiago analiza o modelo de mobilidade da cidade de Pontevedra
Os concelleiros de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, encabezaron a delegación do Concello de Santiago que hoxe se desprazou a Pontevedra para coñecer o seu modelo urbano e a aposta que a cidade vén facendo nos últimos anos pola peonalización. A visita enmárcase nos traballos previos á elaboración do Plan de Mobilidade de Compostela, e nela tamén participaron técnicos de Urbanismo, representantes da Policía Local e dos Bombeiros,...
CONSORCIO
O actor Luís Tosar interpreta este xoves en galego o "Hamlet" de Shostakóvich coa Real Filharmonía de Galicia
No seu concerto desta semana, a Real Filharmonía de Galicia réndelle homenaxe ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare, do que se cumpren 400 anos da súa morte. Será este xoves, 18 de febreiro, no compostelán Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas, baixo a batuta do director titular e artístico da RFG, Paul Daniel, que antes da cita, ás 20:15 horas, manterá unha charla previa cos asistentes.
CONVIVENCIA
A Policía Local ensina educación viaria no Colexio de Educación Especial A Barcia
A Policía Local de Santiago continúa co seu programa Vivimos as mesmas realidades, que ten como obxectivo fomentar a educación viaria nos centros de educación especial. Esta mañá, os axentes achegáronse ao Colexio de Educación Especial A Barcia, no que estudan uns 60 rapaces de entre 3 e 21 anos e afectados por distintas patoloxías. Alí, amosáronlle aos nenos e mozos como é o seu traballo, e mesmo lles deixaron coñecer de cerca o material e os vehículos que utilizan.
TURISMO
Turismo e Turkish Airlines renovan a súa colaboración para promocionar a cidade
O alcalde de Santiago e presidente do Consello de Administración de Turismo de Santiago, Martiño Noriega, e o responsable de Turkish Airlines en Galicia, Ertan Alpay, asinaron no Pazo de Raxoi un novo convenio de colaboración entre a empresa municipal de promoción turística e a compañía turca. O convenio, que non contempla ningunha aportación económica por ningunha das partes, está destinado á promoción da cidade como un destino turístico na rede de destinos onde opera a aeroliña turca.
COMERCIO
O Concello dinamiza Conxo coa elaboración de tres murais en locais abandonados
A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Marta Lois, achegouse esta mañá ao barrio de Conxo co presidente da asociación Esperta Conxo, Xulio Turnes, para visitar os murais que tres artistas realizaron en tres locais do barrio.