FESTAS
Chaián celebra este domingo a XLVII Festa do Escalo
A Festa do Escalo de Chaián vénse celebrando desde hai máis de 40 anos, e inclúe o xa tradicional concurso de pesca de ciprínidos, así como unha concorrida festa gastronómica e posterior baile. Esta xornada conta co apoio do Concello de Santiago polo que está incluída no programa de Festas do Apóstolo 2023.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Asinado o convenio polo que o Concello lle fai unha achega de 60.000 euros á Cociña Económica
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, visitou esta mañá as instalacións da Cociña Económica, acompañada polo presidente da entidade, Manuel José Botana, o vicesecretario, Fernando Barros, e o coordinador, Javier Brage. No marco da visita quedou asinado o convenio de colaboración entre o Concello e a Cociña Económica, que supón unha achega municipal á entidade de 60.000 euros.
PLENO
O Pleno aproba a liquidación de gastos derivados do transporte urbano de viaxeiros en 2022
O Pleno municipal, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, deu luz verde á liquidación das contas de 2022 coas empresas de transporte urbano de viaxeiros Autos Carballo, Autos Garabanxa, Hermanos Ferrín, Autocares Rías Baixas e a UTE Autobuses Urbanos de Lugo e Trap. En total, o Concello desembolsará pagamentos por valor de 853.113,42 euros para liquidar as contas pendentes.
CAPITAL CULTURAL
O Festival C volve ás tardes de agosto en Compostela
A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron esta maña no Pazo de Raxoi unha nova edición do Festival C, con espectáculos de circo, poesía e danza que terán como escenario a praza da Quintana, a Alameda de Santiago e o parque de Bonaval. Obradoiros de circo no Centro Xove da Almáciga completan unha programación con entrada complemente de balde.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 6º Encontro Emprendedor xirará arredor da economía urbana
O ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa próxima cita o día 18 de xullo cunha sesión sobre "A gastronomía e a restauración como valedores dos produtos locais", que contará coa presenza do chef e copropietario do Abastos 2.0, Iago Pazos. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos.
SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS
Continúan os horarios de verán para a recollida de lixo na cidade histórica
Desde a semana pasada, as illas de quita e pon para a recollida do lixo están dispoñibles desde as 20:00 horas nos seus respectivos emprazamentos da cidade histórica. A illa de reciclaxe da praza do Toural permanecerá durante o período estival na praza de Fonterrabía.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Comezan as obras de remodelación do parque infantil da Alameda
O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, visitou esta mañá a área de xogos infantís da Alameda con motivo do inicio das obras de remodelación do equipamento, que conta xa con 15 anos. A este novo parque sumaranse os da praza de Léon, en obras desde onte, e os do Avío e Vista Alegre.
CONSORCIO
O programa de rehabilitación TerÉManter permitirá realizar todas as obras subvencionables ao non exceder o límite de orzamento
O Consorcio de Santiago recibiu 79 solicitudes de axudas para o mantemento de carpinterías de madeira e envolvente exterior nos edificios da cidade histórica.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Antella (Valencia) e Logroño, vítimas de violencia machista.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o novo contrato de roza, limpeza e mantemento de viarios por preto de 800.000 euros
O executivo municipal acordou tamén a adxudicación do contrato para a creación dunha zona de xogos infantís no parque do Avío e o servizo de redacción do proxecto para a adecuación do Pazo de Raxoi para a realización de visitas turísticas de carácter histórico, arquitectónico e artístico. Así mesmo, deu luz verde ao proxecto para acondicionar novos miradoiros no Monte do Pedroso a aceptou a cesión de dous locais en San Pedro de Mezonzo para o seu uso como centro para persoais maiores e...