ALCALDÍA
O alcalde entende a decisión de pechar perimetralmente Santiago ante o incremento de novos contaxios por COVID19, e espera que a medida sexa efectiva
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou o peche perimentral de Santiago decretado polo Comité Clínico ante o incremento no número de contaxios por COVID19, que entrará en vigor na medianoite de hoxe. O rexedor asegura que aínda que "non nos agrade", é unha decisión que "temos que entender"; ante a evolución dos datos. Engade que o problema en Compostela non son os números, "é a tendencia" negativa, cun crecemento de novos casos de "en torno ao 10% diario"; e...
MOCIDADE
Noites Alternas despídese con dous obradoiros, teatro e un gran xogo de intriga
Este venres, 18 de decembro, rematan as actividades do programa "Noites Alternas", no que colabora o concello de Santiago. Despídese con teatro, cun xogo de intriga, e con dous obradoiros: de creación feminista e de cociña cromática. O programa, que comezou a finais de setembro, ten como obxectivos,segundo explicou o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, na presentación, establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas...
EDUCACION
Campaña de recollida de alimentos na Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais, únense para colaborar co Banco de Alimentos-Rías Altas na campaña de recollida que se desenvolverá ata o vindeiro venres, 18 de decembro. Aínda que todos os produtos son necesarios e ben recibidos, neste momento precísanse, sobre todo, alimentos para o almorzo (cereais, galletas, etc), conservas de peixe e conservas vexetais, produtos de hixiene, potitos e cueiros de talla 4-5.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Auditorio de Galicia acolle o 27 de decembro o Festival do Apego
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou o Festival do Apego, que se celebrará o domingo 27 de decembro, no Auditorio de Galicia. A festa do Apego, que este ano se converte, debido ás circunstancias derivadas da COVID 19, nun festival, é unha excelente alternativa nestas datas de Nadal para que as familias teñan diversas opcións e poidan compartir un tempo e un espazo con outros pais e nais interesados na crianza en galego.
TURISMO
"Santiago de Compostela, a túa historia este Nadal", segunda fase da campaña de promoción turística da cidade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou no Pazo de Raxoi a segunda parte da campaña de promoción turística "Santiago de Compostela. A túa historia", que ten como obxectivo reactivar a demanda turística da cidade, na medida en que as restriccións o permitan, de cara ás festas de Nadal. O concelleiro estivo acompañdo pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
EDUCACIÓN
O italiano Pietro Gottuso recibe o premio internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O ilustrador italiano Pietro Gottuso agradeceu, vía telemática, o premio internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, que recaeu na súa obra "Desde 1880".
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente o proxecto básico das obras de mellora de acceso ao parque de Belvís
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, as obras de mellora de acceso ao Parque de Belvís desde a Praza do Matadoiro, e a fase cinco de despregue de rede de fibra óptica na Cidade Histórica.
MOBILIDADE
O Concello e a Xunta asinan o convenio para o transporte metropolitano
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asinaron o convenio do transporte metropolitano para a área de Santiago, onde tamén están incluídos os concellos de Ames, Teo, Brión, O Pino, Boqueixón, Val do Dubra, Touro, Trazo, Oroso, Vedra, A Baña, A Estrada, Negreira, Ordes, Padrón, Rois e Vila de Cruces.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba as obras de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño e a rexeneración e reforzo de distintos viarios municipais
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto técnico de "rexeneración e reforzo de rodaxe nos viarios municipais 2020", cun orzamento máximo de licitación de 430.000 euros, IVE engadido, e un prazo de execución de catro meses. Dito proxecto contempla a actuación nos seguintes viais: rúa de Bermejo, rúa de Suarribas, rúa de Eslovenia, rúa de Polonia-Rúa de Amio, rúa da Campiña, rúa do Bidueiro, rúa da Granxa do Castiñeiriño e as rúas Torrente e Ponte da...
EMPREGO
Resolta a primeira edición dos premios a traballos académicos relacionados coa xeración de emprego e a xestión do talento
Esta mañá reuniuse o xurado dos premios do emprego, presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Estes premios, organizado polo Concello de Santiago, teñen como obxectivo incentivar a realización de estudos académicos relacionados coa xeración de emprego e a xestión do talento. En total, premiáronse 6 traballos.