ACCIÓN CULTURAL
"La villa", de Robert Guédiguian, abre a 31ª edición de Cineuropa
O festival Cineuropa inaugura mañá martes a súa 31ª edición. A cerimonia de apertura terá lugar ás 20:00 horas no Teatro Principal compostelán e será conducida por José Luis Losa, director do certame, quen presentará a programación dispoñible durante este mes de novembro.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o procedemento de contratación da reforma da avenida de Vilagarcía
A Xunta de Goberno aprobou este venres o inicio do procedemento de contratación das obras de reforma da avenida de Vilagarcía. O proxecto, cun tipo de licitación de case medio millón de euros, aféctalle ao tramo comprendido entre as avenidas de Rosalía de Castro e de Romero Donallo.
CONSORCIO
O fagotista arxentino Eduardo Sirtori impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. Este mes contarase coa presenza do aclamado fagotista arxentino Eduardo Sirtori. Xunto aos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos ao centro.
POLÍTICAS SOCIAIS
Profesionais de toda a Península reúnense en Santiago de Compostela para abordar a situación das persoas sen fogar
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela: Recursos Específicos, que se celebrará o vindeiro venres, 10 de novembro, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela (avenida de Castelao s/n, Campus Norte). A xornada está organizada pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde e participada pola Mesa de Traballo para o estudo da...
COMERCIO
O produto galego, protagonista dunha nova proposta gastronómica en Área Central
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois participou en Área Central na presentación de Aquí hai tomate, un novo evento gastronómico con variadas propostas para os meses de novembro, decembro e xaneiro no devandito centro comercial.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Un simposio abordará o papel da ilustración no fomento da lectura os días 8 e 9 de novembro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Xosé Ballesteros, presentaron o XIV Simposio O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler?. O encontro celebrarase entre os días 8 e 9 de novembro na Sede Afundación de Santiago. Contará coa intervención de Joan Fontcuberta, teórico da comunicación; Ana Garralón, crítica literaria, ou Teresa Durán, escritora e ilustradora, que impartirán senllas conferencias....
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno prorroga o gran contrato de mantemento ata novembro de 2018
A Xunta de Goberno acordou este venres prorrogar o contrato do Servizo de conservación, mantemento e reparación de pavimentos nos viarios municipais de Compostela, excluído o recinto intramuros. Esa prórroga é por un ano de duración, a contar dende o 10 de novembro de 2017.
DEPORTES
Todo listo para a Ruta dos Parques, a terceira proba do VI Circuíto CorreSan
Este xoves, ás 23:59 horas, remata o prazo de inscrición na Ruta dos Parques, a terceira proba do VI Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan, que se disputará o vindeiro sábado 4 de novembro. O percorrido, de 6,1 quilómetros para a categoría absoluta, ten saída na Cidade de Cultura e meta no Parque Eugenio Granell.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este mércores unha vítima en Arona (Tenerife).
IGUALDADE
Setenta concellos e máis de 3.000 establecementos súmanse á terceira edición de "Compostela en Negro"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu a coñecer hoxe os detalles da terceira edición de Compostela en Negro, que dende o ano pasado leva por nome Galicia en Negro, co gallo de integrar aos concellos adheridos.