EDUCACIÓN
Convocada a sétima edición do programa pedagóxico "Aula de Patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a sétima edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, no marco do curso escolar 2019-2020, destinado a estudantes das 15 cidades membros da rede. A Concellaría de Educación de Santiago xa fixo chegar a convocatoria aos centros da cidade.
CONSORCIO
O laureado director ruso Michail Jurowski ponse esta semana á fronte da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro será hoxe mércores no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, no marco de colaboración entre a RFG, a Sociedade Filharmónica de Vigo e a Fundación Abanca. Mañá xoves, día 31, a orquestra tocará na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas.
CONSORCIO
Recupéranse dous textos de Antón Fraguas vencellados coa cidade de Santiago
O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia sacaron á luz Notas compostelás, de Antón Fraguas, en colaboración coa Fundación Antón Fraguas Fraguas. Trátase de dous textos do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, vencellados á cidade de Santiago e traducidos ao galego por Xesús Domínguez Dono.
ALCALDÍA
Os retos do sector viario, a debate en Compostela na XXX Semana da Estrada
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no Palacio de Congresos no acto inaugural da 30ª Semana da Estrada, organizada pola Asociación Española de la Carretera. Este congreso sobre infraestruturas viarias celébrase en Santiago do 29 ao 31 de outubro.
CONSORCIO
O Consorcio intervirá nas cubertas do Pazo de Raxoi
Este martes celebrouse Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia estreará o 10 de novembro a ópera galega contemporánea "A amnesia de Clío", de Fernando Buíde
A Real Filharmonía de Galicia vai estrear a ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde, a primeira grande ópera do século XXI en Galicia. Será o 10 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago, ás 20:30 horas, onde se utilizará o foso do Auditorio e con todas as entradas xa vendidas. Representarase de novo o día 12 no Teatro Colón da Coruña e -en versión concerto- o 14 no Auditorio Municipal de Ourense (ambos ás 20:30 horas).
TURISMO
Santiago acolle a reunión de lanzamento do proxecto europeo Bodah
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, inaugurou no Auditorio de Galicia a primeira reunión do Big e Open Data para o desenvolvemento de novos procesos cara a xestión do patrimonio atlántico (Bodah), proxecto europeo liderado por Turismo de Santiago no que participan oito entidades de España, Portugal, Francia, Irlanda, Escocia e Gales.
TURISMO
Promoción das Cidades Patrimonio da Humanidade en Estados Unidos
Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezada polo presidente do Grupo e alcalde de Ibiza/ Eivissa, Rafa Ruiz, e o vicepresidente e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, desenvolven en Estados Unidos unha campaña de promoción internacional dos atractivos turísticos, culturais e patrimoniais das 15 cidades españolas que contan co recoñecemento de Patrimonio Mundial da Unesco.
PARQUES E XARDÍNS
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns programa novas xornadas de biodiversidade espontánea
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) desenvolve dende hai máis de dez anos un interesante programa de actividades de sensibilización ambiental para os centros educativos, así como charlas, xornadas, exposicións e obradoiros para toda a cidadanía. Nesta ocasión, durante todo o curso escolar 2019-2020, realizará co alumnado xornadas sobre a biodiversidade espontánea, nas que se porá en valor a importancia dos espazos residuais e a terceira paisaxe na biodiversidade da nosa cidade.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asiste á presentación da nova Xunta local da AECC de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo asistiu á presentación da nova directiva da Asociación Española Contra o Cancro de Santiago. Francisco Pais substitúe a ata agora presidenta, Luz María Hernández.