XUNTA DE GOBERNO
Apróbanse as subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas
A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións para o fomento das iniciativas en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes, das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2022, nunha sesión extrordinaria celebrada o pasado venres. Un total de 14 entidades locais beneficiaranse destas axudas que suman 28.593,98 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Uninova xestionou máis de 100 intercambios de emprendedores ao abeiro do Programa da UE "ERASMUS for Young Entrepreneurs" entre os anos 2017 e 2022
O programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de experiencias entre novos emprendedores e empresarios consolidados, tanto da UE como dun grupo de países de fóra de Europa. Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, participa na actualidade a través de YEIM, un consorcio integrado por entidades públicas e privadas de España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria.
OBRAS
A vindeira semana arrancará a terceira fase do lote 1 do plan de asfaltado, que afectará a 13 rúas da zona urbana
O 20 de agosto comezarán as actuacións da terceira fase do "Lote 1 de pavimentos asfálticos" en zona urbana, que forman parte do mantemento de viarios municipais que está levando a cabo a concellaría de Barrios e Obras, en colaboración cos departamentos de Urbanismo e de Tráfico. Segundo explicou o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, actuarase sobre catro viais que suman 1.400 metros cadrados; cun investimento de 60.000 euros; o que da un custe de 42,85 euros por metro cadrado.
ACCIÓN CULTURAL
Arranca o XIX Feito A Man con nove actuacións a primeira semana de festival
Este ano participan no Feito a Man 16 locais da Asociación Cultural Cidade Vella, promotora deste festival que chega á súa XIX edición co lema "no calor das rúas". O Intre, Udra, Degüello, Michelle Alany and Zirzuvi, Pedro Pastor y los locos descalzos, Sound Sisters, Pauliña e David Regueiro Trio e Alexandre Cavalieri actuarán esta semana.
XUNTA DE GOBERNO
Unha sentenza declara ilegal o uso turístico dunha vivienda do casco histórico que non conta con autorización municipal
A Xunta de Goberno celebrada esta mañá deu conta da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza Galicia (TSXG) número 169/2022 do 8 de abril, pola que se estima o recurso de apelación interposto polo Concello de Santiago, declarándose ilegal e ilegalizable unha vivenda de uso turístico situada na cidade histórica e ordenando, ademais, o seu peche baixo apercibimento de execución forzosa.
EMPREGO
O próximo 19 de setembro comeza o obradoiro Innobosque, que formará a 20 persoas desempregadas
O próximo 19 de setembro comezará a desenvolverse o proxecto "Obradoiro de Emprego Innobosque", que dará emprego, durante 12 meses, a 20 persoas desempregadas da cidade maiores de 18 anos. Dez delas formaranse na especialidade de "Repoboación forestal e tratamentos silvícolas" e as outras dez, en "Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos" e en "Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web".
ALCALDÍA
O Concello amplía o servizo gratuíto de limpeza de pintadas nos elementos de carpintería dos edificios, a toda a cidade
Co obxecto de combater o feísmo das pintadas e graffiti en portas, portalóns, fiestras e demais elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica, o Concello de Santiago puxo en marcha fai 10 meses, un servizo gratuíto de limpeza creado no marco dun proxecto de inserción laboral do departamento de Emprego.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago e Cruz Vermella asinan dous convenios para o desenvolvemento do SEMUS, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o presidente de Cruz Vermella Santiago, José Luís Barreiro Conde, asinaron hoxe dous convenios de colaboración para o desenvolvemento, durante o ano 2022, do SEMUS, o Servizo Municipal de Urxencias Sociais, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar, por un importe total de 185.000 euros.
EDUCACIÓN
O Concello de Santiago abre o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores
O Concello de Santiago informa que xa está aberto o prazo para inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022-2023. Divídese en dúas modalidades: as novas incorporacións, que teñen de prazo ata o día 29 de agosto (incluído) para formalizar a inscrición; e as familias que durante o curso pasado fixeron uso do servizo, que quedan incorporadas automaticamente.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago solicita ao Ministerio de Transportes a aplicación da bonificación do 30% no prezo do billete
O Goberno Municipal acordou solicitar as axudas ao transporte urbano e interurbano do Real Decreto-Lei 11/2022, de 25 de xuño do Goberno Central, que abaratan un 30% o prezo dos abonos e títulos multiviaxe. O período no que se aplicaría a medida sería dende o 1 de setembro ao 31 de decembro de 2022.