MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O corpo de Bombeiros cumpre cen anos como servizo municipal
Esta mañá o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitou o parque de Bombeiros con motivo da celebración do seu centenario como servizo municipal. A explanada de entrada ao parque acolle unha exposición dos vehículos históricos máis importantes cos que contou o corpo dende a súa posta en marcha, restaurados, na súa meirande parte, polos propios integrantes do corpo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Maker Faire Galicia pecha a súa sétima edición consolidándose coma un evento referente na innovación a nivel internacional
O pasado domingo rematou esta feira de innovación, de novo online, que multiplicou por catro o número de inscritos con respecto á edición anterior así coma o seu impacto a nivel global con referentes como Keisha Howard, César de la Fuente ou Valeria Corrales.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no programa Mañás de Verán e de Xogo e nos obradoiros das escolas infantís
Hoxe publícase o listado de prazas adxudicadas e reservas para as actividades Mañás de Verán nos centros socioculturais urbanos e Mañás de Xogo nos centros socioculturais do rural, que terán lugar en xullo deste ano.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Pozuelo de Alarcón (Madrid), vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
Recepción a unha patrulla do Aeródromo Militar de Santiago, que realizou parte do Camiño
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe na Praza do Obradoiro a unha patrulla do Aeródromo Militar de Santiago, formada por unha trintena de militares, que chegaron a través do Camiño de Santiago, coincidindo co Ano Santo.
TURISMO
Publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da convocatoria de axudas á restauración, hospedaxe e turismo
Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da "CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021".
TURISMO
Turismo de Santiago participa nun evento da Asociación Europea de Organizacións Turísticas
A entidade municipal de promoción turística reunirase con profesionais de mercados como Italia, Alemaña, Reino Unido, Irlanda, Estados Unidos e Canadá.
POLÍTICAS SOCIAIS
Mila Castro asiste á inauguración da mostra itinerante "As caras da meninxite"
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asistiu hoxe á inauguración da exposición itinerante "As caras da meninxite", que se pode visitar na sede da Fundación ABANCA, situada na Praza de Cervantes, ata mañá, 9 de xuño. O obxectivo desta mostra é concienciar sobre esta doenza que xera graves secuelas ás persoas afectadas, sobre os seus síntomas, e sobre a súa prevención.