CENTROS SOCIOCULTURAIS
Conxo celebra dende este martes a XXXIII edición da súa Semana Cultural
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a edición número 33 da Semana Cultural de Conxo, que se celebra dende este martes 10 ata o sábado 14 de setembro. Xogos, obradoiros, charlas, teatro, música e moito máis para un evento lúdico e de encontro plenamente consolidado na oferta sociocultural de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
A rúa de Clara Campoamor terá un carril reservado para autobuses e taxis
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto modificado de reurbanización de Clara Campoamor. A intervención permitirá adaptar este vieiro para facilitar o acceso á terminal de autobuses integrada na futura estación intermodal. Afectará a un tramo cunha lonxitude de 800 metros e parte dos terreos adxacentes, cunha superficie total aproximada de 19.000 metros cadrados. O orzamento máximo desta obra é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses.
ALCALDÍA
Recoñecemento municipal a Esther Seoane, directora da Cociña Económica, no seu acto de despedida
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asistiron esta tarde ao acto de despedida de Esther Seoane, directora da Cociña Económica. O rexedor entregoulle un libro cunha dedicatoria, na que lle agradece os dez anos de traballo á fronte da institución.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde con integrantes da Real Academia Galega de Belas Artes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a varios membros da Real Academia Galega de Belas Artes, entre eles o seu presidente, Manuel Quintana Martelo, cos que falou da institución e da actividade que desenvolve.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu a directiva de COGAMI
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mediodía con membros da directiva de COGAMI, entre os que se atopaba o seu presidente, Anxo Queiruga.
EDUCACIÓN
Este mércores ponse en marcha o servizo de comedores escolares
O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o mércores 11 de setembro de 2019 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola e Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu unha delegación do Colexio Oficial de Químicos de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este luns no Pazo de Raxoi unha delegación do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga), encabezada polo seu decano-presidente, Manuel Rodríguez Méndez. Este informou ao rexedor dos detalles do XXV Encontro Galego-Portugués de Química, ao que acudirá o Nobel Tomas Lindhal.